De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 14 de setembro de 2025 do proxecto de ampliación de explotación de gando vacún de leite no lugar de Moreira, no concello de Castroverde (Lugo), promovido por Finca A Carballeira 2023, S.L.
Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:
https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2025
María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
