Expediente: IN407A 2022/450-4.
Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación: Soterramento LAT 66 kV DC Mourente-Ponte Sampaio entre os apoios nº 4 e nº 21.
Concello: Pontevedra.
Feitos:
1. O 13.10.2023, este departamento territorial (antes xefatura territorial) ditou unha resolución de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Pontevedra (expediente IN407A 2022/450-4), publicada no Diario Oficial de Galicia do 7.11.2023, coas seguintes características técnicas:
– Soterramento da LAT 66 kV DC Mourente-Ponte Sampaio mediante unha liña de alta tensión subterránea a 66 kV, dobre circuíto, de 11.726 metros de condutor Al630+h165 Cu, con orixe no novo apoio nº 4 de transición aéreo-subterráneo e final no novo apoio nº 21 de transición aéreo-subterráneo.
– Desmantelamento do tramo aéreo, 3.087 metros en dobre circuíto, desde o apoio 4 ao apoio 21.
A instalación está situada no concello de Pontevedra.
2. O 20.6.2025, UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou que se incluísen na declaración de utilidade pública concedida as ocupacións temporais necesarias para a execución das obras.
3. Mediante escritos do 16.7.2025, comunicouse a solicitude de declaración, en concreto, de utilidade pública para ocupación temporal a aquelas persoas identificadas e titulares das parcelas afectadas pola ocupación temporal que figuran na relación de bens e dereitos achegada pola empresa promotora.
Durante este trámite non se recibiron alegacións.
Consideracións legais e técnicas:
1. O Departamento Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio), e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).
2. A lexislación de aplicación a este expediente é:
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.
– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa.
– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.
– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.
– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa.
Conforme o indicado,
RESOLVO:
1. Declarar a utilidade pública, en concreto, para a ocupación temporal da citada instalación eléctrica Soterramento LAT 66 kV DC Mourente-Ponte Sampaio entre os apoios nº 4 e nº 21 (expediente IN407A 2022/450-4), o que leva implícito a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
2. A empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade. En todo momento se deberán cumprir as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
3. O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución poderá dar lugar á súa revogación, logo da audiencia á promotora, de conformidade co disposto no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro.
4. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.
Pontevedra, 3 de setembro de 2025
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados para a ocupación temporal
Concello de Pontevedra
|
Nº |
Lugar |
Terreo |
Referencia catastral |
Titular |
Apoio |
Afeccións |
Ocupación temporal m² |
||
|
nº |
m² |
ml sub. |
m² sub. |
||||||
|
1 |
Fonte Grande |
Agrario |
36900A11600110 |
Virginia María Sieiro Caramés e María Dolores Sieiro Caramés |
1 |
29 |
203 |
||
|
2 |
Fonte Grande |
Agrario |
36900A11600073 |
Virginia María Sieiro Caramés e María Dolores Sieiro Caramés |
1 |
6 |
15 |
43 |
356 |
|
3 |
Loxe |
Agrario |
36900A08200046 |
Antonio Filgueira Boullosa |
1 |
34 |
36 |
107 |
952 |
