Expediente: IN407A 2025/065-1.
Promotora: Desarrollos Inmobiliarios Kontoki, S.L.
Denominación do proxecto: LMTS-CT (630 kVA) e RBTS.
Concello: A Coruña.
Feitos:
1. O día 21 de abril de 2025 a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica mencionada, co obxecto de dotar de subministración eléctrica un novo edificio de vivendas.
Ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, presentan o proxecto de execución denominado LMTS-CT (630 kVA) e RBTS, que comprende os seguintes documentos:
1º. Proxecto de execución denominado LMTS-CT (630 kVA) e RBTS, asinado por César Méndez Lorenzo, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, número de colexiado 1.350 de Santiago de Compostela, o 7 de marzo de 2025, con número de visado 423/25-ST. do 7 de marzo de 2025.
2º. Anexo I, asinado por César Méndez Lorenzo, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, número de colexiado 1.350 de Santiago de Compostela, con número de visado 423/25-ST, do 11 de abril de 2025.
3º. Anexo II, asinado por César Méndez Lorenzo, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, número de colexiado 1.350 de Santiago de Compostela, o 5 de agosto de 2025, con número de visado 423/25-ST, do 5 de agosto de 2025.
4º. Anexo III, asinado por César Méndez Lorenzo, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, número de colexiado 1.350 de Santiago de Compostela, o 20 de agosto de 2025, con número de visado 423/25-ST, do 20 de agosto de 2025.
2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG número 39, do 26 de febreiro).
3. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Concello da Coruña. Non consta no expediente, en día de hoxe, contestación do organismo á solicitude de condicionado.
4. O día 1 de setembro de 2025 emitiuse o informe técnico.
Consideracións legais e técnicas:
Primeira. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para resolver os procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG número 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG número 101, do 27 de maio).
Segunda. Lexislación de aplicación:
• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.
• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.
• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
• Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.
• Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG número 39, do 26 de febreiro).
Terceira. Características técnicas:
As instalacións obxecto deste expediente están situadas na rúa San Roque Afora e Mercela e Elisa, no concello da Coruña, e as súas características técnicas son as seguintes:
• Tramo de LMTS de aproximadamente 2×14 m con condutor RHZ 20L 2×(3×240 Al) en canalización enterrada coa orixe e fin en empalmes que se van realizar na LMTS SPV720, no tramo entre os CT 15SLQK e15CMCT, unha vez que entra e saia do CT proxectado.
• Centro de transformación 1×630 kVA 0,42/15 kV sen envolvente, coa configuración 2L+1P, en local (soto -1) acondicionado para ese efecto.
Cuarta. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.
De acordo con todo o exposto,
RESOLVO:
1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción para a dita instalación de distribución eléctrica.
2. As instalacións deberán obter a autorización de explotación antes do 1 de xaneiro de 2026, segundo o indicado no artigo 13.9.a) do Regulamento (UE) 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de febreiro, agás que se xustifique algunha das excepcións indicadas no antedito artigo 13.
3. Para a posta en explotación da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:
• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.
• Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.
• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.
4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e o ambiente.
O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia á persoa interesada, segundo o establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
Contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.
Mediante este documento notifícaselles ás persoas interesadas esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.
A Coruña, 4 de setembro de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
