No Diario Oficial de Galicia número 93, do 16 de maio de 2025, publícase a Orde da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, do 2 de maio de 2025, pola que se aproban as bases e se anuncia a convocatoria pública de bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas para o ano 2025 (código de procedemento PL500E).
De conformidade co artigo 17 da antedita orde, a resolución será ditada pola persoa titular da Secretaría Xeral da Lingua, por delegación da persoa titular da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e por proposta do órgano instrutor, segundo o previsto na disposición adicional, delegación de atribucións.
O artigo 17 sinala tamén que esta resolución se publicará no Diario Oficial de Galicia, se exporá na web da Secretaría Xeral da Lingua e se lles notificará ás correspondentes universidades de destino.
Así mesmo, de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos e as correspondentes resolucións do procedemento, por seren de concorrencia competitiva, serán obxecto de publicación, que producirá os efectos de notificación.
Polo exposto, logo da presentación das solicitudes, unha vez finalizada a instrución e a fiscalización, e ditada o día 18 de setembro de 2025 a resolución que finaliza o procedemento,
RESOLVO:
Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 18 de setembro de 2025 de concesión de bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas, convocadas mediante a Orde do 2 de maio de 2025 pola que se aproban as bases e se anuncia a convocatoria pública de bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas para o ano 2025 (código de procedemento PL500E), que se xunta como anexo desta resolución.
Segundo. Comunicar que a Resolución do 18 de setembro de 2025, que finaliza este procedemento, esgota a vía administrativa e contra ela poderase interpor potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Esta resolución tamén poderá ser impugnada directamente ante o Tribunal Superior de Xustiza, o órgano contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2025
Valentín García Gómez
Secretario xeral da Lingua
ANEXO
Resolución do 18 de setembro de 2025 pola que se adxudican bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas, convocadas mediante a Orde do 2 de maio de 2025 pola que se aproban as bases e se anuncia a convocatoria pública de bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas para o ano 2025 (código de procedemento PL500E)
A Orde do 2 de maio de 2025 (DOG núm. 93, do 16 de maio) establece as bases e anuncia a convocatoria –en réxime de concorrencia competitiva e con sometemento aos principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, mérito e capacidade– de bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas nos centros de estudos galegos localizados en universidades de fóra de Galicia.
Logo de ver a proposta de resolución definitiva remitida pola subdirectora xeral da Lingua en cumprimento do establecido no artigo 17.2 da dita orde, e acompañada da acta da Comisión de Valoración constituída ao abeiro do artigo 15.5 da mesma orde, este secretario xeral, en uso das facultades que lle son expresamente delegadas en virtude da disposición adicional única da Orde do 2 de maio de 2025,
DISPÓN:
1. Adxudicar as bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas dos centros de estudos galegos localizados nas universidades que se especifican, coas condicións establecidas na orde da convocatoria e polo período que se indica, ás persoas relacionadas no anexo I.
2. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante a persoa titular da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 a 125 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2025. O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude. P.D. (Orde do 28.6.2024), Valentín García Gómez, secretario xeral da Lingua.
ANEXO I
Adxudicación das bolsas de formación
|
Destino |
Apelidos e nome |
NIF |
Período |
|
Universidade de Granada (España) |
Xoán Carlos Goris García |
***0252** |
Desde o 1.10.2025 ata o 30.9.2028 |
