DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 26 de setembro de 2025 Páx. 51113

III. Outras disposicións

Consello da Cultura Galega

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2025 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2025.

Para os efectos previstos no artigo 1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, acórdase darlles publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Consello da Cultura Galega no segundo cuadrimestre do ano 2025, os cales se relacionan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2025

Rosario Álvarez Blanco
Presidenta do Consello da Cultura Galega

ANEXO

Convenio

Achega do Consello da Cultura Galega

Data de sinatura

Acordo de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e o Consello da Cultura Galega para a realización de actividades relacionadas coa emigración galega.

50 000,00 €

4.6.2025

Protocolo de colaboración entre a Valedora do Pobo e o Consello da Cultura Galega para o desenvolvemento conxunto de actividades de promoción dos dereitos e dos valores culturais do pobo galego.

Sen achega económica

11.7.2025

Convenio colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e o Consello da Cultura Galega en materia de normalización lingüística.

24 000,00 €

11.7.2025

Protocolo de colaboración entre o Consello da Cultura Galega e o Concello de Ribeira.

Sen achega económica

22.7.2025

Convenio de cooperación educativa entre a Universidade de Santiago de Compostela e o Consello da Cultura Galega para a realización de prácticas académicas externas curriculares ou extracurriculares do estudantado de todas as titulacións oficiais de grao e máster universitario impartidas na Universidade de Santiago de Compostela.

Sen achega económica

31.7.2025