DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 29 de setembro de 2025 Páx. 51213

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2025, da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, pola que se acorda outorgar o distintivo de permanencia ao persoal dos distintos corpos de policía local dos concellos de Galicia.

A Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais, establece no seu artigo 74 que o persoal dos corpos de policía local de Galicia pode ser distinguido ou recompensado de acordo co que se determine regulamentariamente.

Segundo o disposto nos artigos 99, 101.2 e 105 do Decreto 15/2023, do 12 de xaneiro, de desenvolvemento da dita lei, o distintivo de permanencia poderá concederse con periodicidade anual, mediante resolución do órgano directivo competente en materia de coordinación de policías locais, ao persoal dos corpos da policía local e ao persoal vixilante municipal cando cumpra 25 anos de servizos efectivos, calquera que sexa a súa categoría, sempre que non consten no seu expediente persoal antecedentes por sancións disciplinarias ou condenas penais pendentes de cancelación, requisitos que deberán ser acreditados polos concellos que corresponda.

Mediante esta resolución acórdase outorgar o distintivo de permanencia ao persoal dos corpos da policía local que, ademais de contar cos restantes requisitos, cumpriu 25 anos de servizos efectivos.

De acordo co previsto no citado artigo 101.2 do Decreto 15/2023, do 12 de xaneiro, e tendo en conta as competencias conferidas polo artigo 39 do Decreto 136/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes,

RESOLVO:

Primeiro. Outorgar o distintivo de permanencia ao persoal das policías locais que se relaciona no anexo a esta resolución, por ter cumpridos 25 anos de servizos efectivos segundo as certificacións dos respectivos concellos de pertenza, tanto respecto do tempo dos servizos como do resto de requisitos.

Segundo. Publicar esta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2025

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral de Emerxencias e Interior

ANEXO

Listaxe do persoal dos corpos de policía local dos concellos de Galicia ao cal se lle outorga o distintivo de permanencia:

• Provincia da Coruña:

– Concello de Arteixo:

Cabado González, Jesús.

López Miranda, Bernardo.

Villar Rodríguez, Javier.

– Concello de Carballo:

Valiña Parga, Jesús Manuel.

– Concello da Coruña:

Lema Barca, Enrique.

–Concello de Ferrol:

Guerrero Cabanas, Rogelio.

Ruiz Dopico, Antonio José.

– Concello de Laxe:

Álvarez Pose, Marcial.

• Provincia de Lugo:

– Concello de Monforte de Lemos:

Álvarez López, Néstor.

• Provincia de Ourense:

– Concello do Barco de Valdeorras:

Delgado Fernández, Beatriz.

López García, José.

– Concello de Ribadavia:

Vázquez Vázquez, Alberto.

– Concello de Verín:

Castro Salgado, Fernando.

Valladares Rodríguez, Antonio.

• Provincia de Pontevedra:

– Concello de Gondomar:

Otero Nandín, Mª Luz.

– Concello de Moaña:

Paredes Portela, José Rodrigo.

– Concello de Poio:

Duarte Solla, Antonio.

– Concello de Ponteareas:

Carballido Ferreiro, Carlos.

Fernández Botana, Eduardo.

Rodríguez Fernández, Antonio.

– Concello de Pontevedra:

González Crecente, Pablo.

Iñarrea Macías, David.

Martínez Rodríguez, Domingo.

Pereira Arizaga, Jorge.

Piñeiro Paz, María Pilar.

Suárez Rodríguez, Emilio.

Vicente Caamaño, Manuel.

– Concello de Salceda de Caselas:

González Fernández, Fermín.

Rendón Martínez, Juan José.

– Concello de Vigo:

Abalde Casanova, Jesús Iván.

Carnero Díaz, Luis Alberto.

Costas Fernández, Ana Belén.

Costas Pérez, Rubén Carlos.

Domínguez Vázquez, Daniel José Manuel.

González Suárez, César.

Lemos Martínez, David.

Pardo Lázara, Germán.

Pérez Fernández, José Luis.

Quinteiro Varela, Pablo.

Río Diz, Daniel del.

Sánchez Vázquez, Óscar Manuel.

Sierra Castelo, José Manuel.

Sordo García, María Teresa.

Suárez Piñeiro, David.

Torrado Rodríguez, Antonio.

Vila Campos, Francisco José.