O tribunal designado para cualificar as probas dirixidas á obtención e renovación do certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e por ferrocarril, convocadas mediante a Resolución do 10 de xullo de 2025, da Dirección Xeral de Mobilidade (DOG núm. 139, do 22 de xullo), acordou, de conformidade co disposto na base novena da mencionada resolución:
Primeiro. As probas correspondentes á obtención do certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e por ferrocarril terán lugar na Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa de Madrid 2-4, As Fontiñas, Santiago de Compostela.
Os ditos exercicios realizaranse o vindeiro día 21.10.2025, nos horarios e aulas que a seguir se sinalan:
|
Probas para obtención do certificado |
|||
|
Clase |
Obtención |
Aula |
Horario |
|
ADR todas |
Obtención |
Aula 2: de Abad Pérez, Pablo Manuel a Estrada Casal, Óscar Aula 5: de Falagan Prieto, Alejandro a Roma Castro, Manuel Aula 7: de Romero Alonso, Mª José a Vizoso Goas, Alberto |
9.00-11.00 horas |
|
Clase 2 |
Obtención |
Aula 7 |
11.00-13.00 horas |
|
Clase 3 e máis |
Obtención |
Aula 2 |
15.00-17.00 horas |
|
Materias líquidas |
Obtención |
Aula 2 |
17.00-19.00 horas |
|
RID todas |
Obtención |
Aula 7 |
13.00-15.00 horas |
Segundo. Para os efectos de realizar os correspondentes chamamentos, os aspirantes deberán presentarse ás probas 15 minutos antes do comezo de cada exercicio.
Terceiro. Os interesados serán convocados para cada exercicio en chamamento único e resultarán excluídos da súa realización aqueles que non comparezan.
Cuarto. Os aspirantes excluídos por non compareceren no momento do chamamento non terán dereito a que se lles devolvan os importes aboados en concepto de dereitos de exame.
Quinto. Os aspirantes terán que se presentar ás probas provistos do orixinal do seu documento nacional de identidade ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal. En caso contrario, non se permitirá o acceso ao recinto onde se realicen os exercicios. Tales aspirantes excluídos non terán dereito a que se lles devolvan os importes aboados en concepto de dereitos de exame. Recoméndase, igualmente, que concorran provistos dunha copia da solicitude de admisión e do impreso xustificativo do pagamento das taxas.
Sexto. As persoas aspirantes poderán consultar textos normativos en formato papel para realizar a parte práctica deste exercicio, sempre que neles non figuren comentarios ou resolución de casos prácticos. Así mesmo, poderán ir provistas de máquina calculadora sen memoria RAM para efectuar as operacións matemáticas que cumpran. Non se admitirá o emprego de tabletas nin teléfonos móbiles.
Prégase que os aspirantes comparezan ao exame provistos de bolígrafo azul ou negro.
Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2025
Marta Vázquez Sanjurjo
Presidenta do tribunal
