DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 29 de setembro de 2025 Páx. 51209

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2025, do tribunal designado para cualificar as probas dirixidas á obtención e renovación do certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e por ferrocarril, pola que se determinan as datas, o lugar e os horarios de realización dos exercicios correspondentes á renovación do certificado.

O tribunal designado para cualificar as probas dirixidas á obtención e renovación do certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e por ferrocarril, convocadas mediante a Resolución do 10 de xullo de 2025, da Dirección Xeral de Mobilidade (DOG núm. 139, do 22 de xullo), acordou, de conformidade co disposto na base novena da mencionada resolución:

Primeiro. As probas correspondentes á renovación do certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e por ferrocarril terán lugar na Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa de Madrid, 2-4, As Fontiñas, Santiago de Compostela.

Os ditos exercicios realizaranse o vindeiro día 21 de outubro de 2025, nos horarios e aulas que a seguir se sinalan:

Probas renovación do certificado

Clase

Renovación

Aula

Horario

ADR todas

Renovación

Aula 11

9.00-10.00

Clase 1

Renovación

Aula 11

10.00-11.00

Clase 2

Renovación

Aula 7

11.00-12.00

Clase 3 e máis

Renovación

Aula 2

15.00-16.00

Materias líquidas

Renovación

Aula 2

17.00-18.00

Clase 7

Renovación

Aula 11

9.00-10.00

RID todas

Renovación

Aula 7

13.00-14.00

Segundo. Para os efectos de proceder á realización dos correspondentes chamamentos, os aspirantes deberán presentarse ás probas 15 minutos antes do comezo de cada exercicio.

Terceiro. As persoas interesadas serán convocadas para cada exercicio en chamamento único e resultará excluída da súa realización quen non compareza.

Cuarto. Os aspirantes excluídos por non comparecer no momento do chamamento non terán dereito a que se lles devolvan os importes aboados en concepto de dereitos de exame.

Quinto. Os aspirantes terán que se presentar ás probas provistos do orixinal do seu documento nacional de identidade ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal. En caso contrario, non se permitirá o acceso ao recinto onde se realicen os exercicios. Tales aspirantes excluídos non terán dereito a que se lles devolvan os importes aboados en concepto de dereitos de exame. Recoméndase, igualmente, que concorran provistos dunha copia da solicitude de admisión e do impreso xustificativo do pagamento das taxas.

Prégase que os aspirantes comparezan ao exame provistos de bolígrafo azul ou negro.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2025

Marta Vázquez Sanjurjo
Presidenta do tribunal