VI. Anuncios
a) Administración autonómica
Consellería de Economía e Industria
CORRECCIÓN DE ERROS. Anuncio do 1 de setembro de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, de comunicación da data de ocupación e requirimento das follas de valoración no expediente de expropiación IN407A 2024/77-1, no concello de Arteixo.
Advertido un erro no citado anuncio, publicado no Diario Oficial de Galicia número 179, do 17 de setembro de 2025, cómpre facer a seguinte corrección:
Na páxina 50144, no recadro de Titularidade proposta, que figura no cadro do anexo do dito anuncio, onde di: «José Manuel Lage Tuñas», debe dicir: «María Alonso Areosa».