DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 29 de setembro de 2025 Páx. 51420

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballo

ANUNCIO de aprobación e ratificación do texto definitivo do convenio urbanístico entre este concello e os propietarios da parcela coa referencia catastral 5456926NH2855N0000JX (expediente 2025/U039/000005).

Primeiro. Por Decreto da Alcaldía número 2492, do 2.9.2025 resolveuse aprobar e ratificar o texto definitivo do convenio urbanístico de execución de planeamento entre o Concello de Carballo e os propietarios da parcela coa referencia catastral 5456926NH2855N0000JX para a cesión da superficie de terreo de 3.604 m² que se corresponden co tramo viario «SX-VI1d Pb int» previsto no Plan xeral de ordenación municipal de Carballo.

Segundo. Foron notificados e emprazados todos os titulares da parcela, que asinaron a ratificación do texto definitivo do citado convenio o 5 de setembro de 2025.

Terceiro. Publícase o texto íntegro do convenio, xunto co seu acordo de aprobación e ratificación, segundo o disposto no artigo 403.1 do Regulamento da Lei 2/2016, do solo de Galicia (Decreto 143/2016, do 22 de setembro), que se poderá consultar ou descargar no taboleiro de anuncios da sede electrónica deste Concello, na seguinte ligazón:

https://sede.carballo.gal/sxc/es/informacion/

Carballo, 8 de setembro de 2025

Evencio Ferrero Rodríguez
Alcalde