No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 165, do 1 de setembro de 2025, publicáronse as bases aprobadas mediante a Resolución do concelleiro delegado de Economía e Facenda, Persoal, Contratación e Modernización da Administración Local, do 21 de agosto de 2025, relativas á convocatoria do posto de director/a de área da Asesoría Xurídica do Concello de Santiago de Compostela.
O prazo de presentación será de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nelas.
Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2025
A alcaldesa
P.D. (Decreto da Alcaldía do 17.6.2023)
Manuel César Vila
Concelleiro delegado de Economía e Facenda, Persoal,
Contratación e Modernización da Administración Local
