Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga).
Anuncio polo que se fai pública a apertura de determinadas listas para a incorporación de novas solicitudes ou actualización de méritos no Sistema de Listas Previas para a Selección de Persoal Temporal da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga).
A directora xerente de Seaga, en virtude das competencias atribuídas polo Consello de Administración, anuncia a apertura do prazo de actualización de méritos ou incorporación de novas solicitudes a diversas categorías profesionais do Sistema de Listas Previas para a Selección de Persoal Temporal da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga).
A información relativa a este anuncio está exposta na sede da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), sita no Polígono Industrial do Tambre, Vía Marconi, nº 14, 15890 Santiago de Compostela, e na páxina web de Seaga (www.epseaga.com).
Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2025
Mª Luisa Piñeiro Arcos
Directora xerente da Empresa Pública
de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga)
