DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 30 de setembro de 2025 Páx. 51789

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Fene

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa.

Ao non ser posible a práctica da comunicación ás persoas titulares das parcelas coas referencias catastrais que se relacionan a seguir, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase a comunicación de xestión da biomasa coa finalidade de que no prazo de quince (15) días naturais, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para que as persoas interesadas no procedemento procedan á xestión da biomasa, segundo o establecido nos artigos 135 e 136 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, así como á retirada de especies arbóreas a que se refire o artigo 22 da citada lei.

A eficacia do acto notificado quedará demorada ata a publicación do anuncio pertinente no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Así mesmo, comunícaselles ás persoas responsables que o contido íntegro das ditas notificacións, así como da totalidade do expediente administrativo, está á súa disposición no Departamento de Urbanismo do Concello de Fene, sito no segundo piso do edificio do Concello, na praza do Alcalde Ramón José Souto, s/n, Fene.

Número de expediente

Referencia catastral

Localización

2025/I004/000049

15036A023002530000YU

Campo da Arca (Barallobre-Fene)

2025/I004/000051

15036A017005210000YB

O Penedo de Baixo (Barallobre-Fene)

2025/I004/000052

15036A017004480000YZ

O Penedo de Baixo (Barallobre-Fene)

2025/I004/000054

15036A017004510000YZ

O Penedo de Baixo (Barallobre-Fene)

Fene, 9 de setembro de 2025

Alejandra Permuy Meizoso
Alcaldesa