DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 30 de setembro de 2025 Páx. 51783

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo que se tramita no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Pontevedra, no procedemento abreviado 266/2025.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Pontevedra, tramítase o recurso 266/2025 (procedemento abreviado), interposto por Silvia Carballo de la Torre contra a desestimación presunta por silencio administrativo do recurso de reposición interposto o 3 de abril de 2025 contra a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos, do 13 de marzo de 2025 (DOG núm. 64, do 2 de abril), pola que se publican a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2025

María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos