A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería do Medio Rural, xustifícase polos cambios introducidos na súa estrutura orgánica polo Decreto 223/2022, do 22 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural, modificado polo Decreto 148/2024, do 20 de maio; así como polas razóns indicadas no punto primeiro do acordo.
Esta modificación é unha modificación parcial que contén cambios de diversa natureza. Non obstante, inclúe a publicación completa da Secretaría Xeral Técnica por razóns de eficacia e operatividade.
O importe dos complementos específicos non inclúe o incremento retributivo publicado o 2 de xullo de 2025 por Orde PJC/681/2025, do 1 de xullo, pola que se publica o Acordo do Consello de Ministros do 1 de xullo de 2025, polo que se aproba o incremento do 0,5 por cento das retribucións do persoal ao servizo do sector público previsto no artigo 6.2 da Real decreto lei 4/2024, do 26 de xuño, polo que se prorrogan determinadas medidas para afrontar as consecuencias económicas e sociais derivadas dos conflitos en Ucraína e Oriente Próximo e adóptanse medidas urxentes en materia fiscal, enerxética e social.
En consecuencia, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 29 de setembro de 2025, adoptou o seguinte
ACORDO:
Primeiro. Aprobar a modificación da relación de postos de traballo da Consellería do Medio Rural nos termos que se sinalan no anexo a este acordo, como consecuencia das súas necesidades funcionais e organizativas actuais.
Segundo. Clasificar de libre designación o posto que a seguir se relaciona en aplicación dos criterios de excepcionalidades que se indican, de conformidade co previsto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e co disposto na Resolución do 25 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ditan instrucións para a tramitación de relacións de postos de traballo e a determinación dos criterios de excepcionalidade e funcións que definen as características que motivan a especial responsabilidade ou cualificación profesional dos postos de traballo de libre designación, de nivel 28 ou inferior, da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia:
|
Código do posto |
Posto |
Criterio |
|
MR.C07.00.000.15770.010 |
Xefatura de Servizo de Auditoría Interna na Cadea Alimentaria |
Especial responsabilidade por xestionar información especialmente reservada da Xunta de Galicia: asesoramento e dependencia directa dun alto cargo. |
Terceiro. Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.
Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 29 de setembro de 2025, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería do Medio Rural, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2025
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
