DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 30 de setembro de 2025 Páx. 51734

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 11 de setembro de 2025, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se dá publicidade da resolución pola que se modifica, se cambia de denominación social e se revisa a autorización ambiental integrada outorgada a Green Cycle Solutions, S.L. para o centro de transferencia e tratamento de residuos industriais no concello de Narón (expediente 2022-IPPC-M-84 e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 24.3 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE número 316, do 31 de decembro), dáse publicidade da seguinte resolución:

Instalación: centro de transferencia e tratamento de residuos industriais

Procedemento: modificación non substancial, cambio de denominación social e revisión da autorización ambiental integrada

Antiga denominación social do titular: Green Procesoil, S.L.

Nova denominación social do titular:

Green Cycle Solutions, S.L.

Número de rexistro AAI: 2011-IPPC-2-258

Localización: concello de Narón (A Coruña)

Expedientes: 2022-IPPC-M-84, 2024-IPPC-M-98 e 2024-IPPC-M-158

Esta resolución poderá consultarse en https://medioambiente.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade (Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2025

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade