DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 30 de setembro de 2025 Páx. 51732

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2025 pola que se resolve o concurso específico para a provisión de postos de traballo do persoal funcionario de administración e servizos.

Mediante a Resolución do 5 de maio de 2025 convocouse un concurso específico para a provisión de postos de traballo de persoal funcionario técnico, de xestión e de administración e servizos.

Vista a proposta de adxudicación definitiva de destinos elevada pola presidenta da Comisión de Valoración e consonte o previsto nas bases da convocatoria, este reitorado, en uso das competencias que lle confire a normativa vixente,

RESOLVE:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia da relación definitiva de destinos adxudicados.

Código

Posto

Campus

Funcionaria

01500 PF1012-1

Xefe/a do Servizo de Contabilidade, Orzamentos e Tesouraría

Vigo

Mauricio García Romarís

03100 PF1012-1

Xefe/a do Servizo de Recursos Humanos de Investigación

Vigo

Ana Isabel González Penín

16000 PF1020 1

Administrador/a

Ourense

Ana María Rodríguez Rodríguez

Segundo. Os destinos adxudicados serán irrenunciables, agás que con anterioridade ao remate do prazo de toma de posesión se obteña outro destino mediante convocatoria pública. No caso de resultar adxudicataria de máis dun posto, a persoa concursante formulará por escrito a opción antes da finalización do prazo de toma de posesión.

Terceiro. O cesamento terá lugar o día seguinte ao da publicación no DOG e a toma de posesión nos destinos adxudicados deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes, se non implica cambio de residencia da persoa funcionaria, ou dun mes se comporta cambio de residencia ou o reingreso ao servizo activo.

O cómputo dos prazos posesorios iniciarase cando rematen os permisos e licenzas que, de ser o caso, lles fosen concedidos ás persoas interesadas.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso perante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

As persoas interesadas poderán optar por interpoñer contra esta resolución un recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, perante o mesmo órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se producise a desestimación presunta do recurso de reposición interposto, segundo o previsto no artigo 123.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 29 de setembro de 2025

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo