Mediante a Resolución do 15 de setembro de 2023 (DOG do 27 de setembro), convocáronse probas selectivas para cubrir catro prazas da categoría profesional de técnico/a xestor de tecnoloxías da información e das comunicacións, grupo II, pola quenda de promoción interna.
Mediante a Resolución do 14 de xaneiro de 2025 (DOG do 24 de xaneiro), aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas, e fixouse un prazo para emendar os defectos que motivaron a exclusión ou omisión.
Unha vez rematado este prazo e consonte o establecido na base 4.4 da convocatoria,
RESOLVO:
Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas nas citadas probas.
Segundo. Indicar que a citada listaxe definitiva está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado
Terceiro. Convocar as persoas aspirantes admitidas, e que non están exentas deste exercicio, para realizar o primeiro exame da fase de oposición (proba de lingua galega) o día 18 de novembro de 2025, ás 9.00 horas, no despacho número 25 da área TIC, no segundo andar do Pavillón de Servizos (rúa Xosé María Suárez Núñez, s/n, 15782 Santiago de Compostela, A Coruña).
A publicación dos anuncios de realización dos vindeiros exercicios efectuaraa o tribunal no taboleiro electrónico da Universidade e na páxina web mencionada no punto segundo, así como en calquera outro lugar que considere oportuno.
Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Non obstante, as persoas interesadas poderán interpor un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2025
Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
