DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 30 de setembro de 2025 Páx. 51737

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 15 de setembro de 2025, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, do informe ambiental estratéxico relativo ao Plan especial de infraestruturas e dotacións para pista cuberta en Mandiá, no concello de Ferrol (expediente 2025AAE3018).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico formulado o 14 de setembro de 2025 sobre o Plan especial de infraestruturas e dotacións para pista cuberta en Mandiá, no concello de Ferrol.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: https://cmatv.xunta.gal/busca-por-palabra-clave (expediente 2025AAE3018).

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2025

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade