DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 30 de setembro de 2025 Páx. 51738

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 16 de setembro de 2025, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto de conversión en autovía do corredor Nadela-Sarria, treito Nadela (A6)-enlace A Pobra de San Xiao, p.q. 0+000-13+500 (LU/21/218.01), nos concellos do Corgo, Lugo e O Páramo (expediente 2025/0014).

De conformidade co artigo 41.3 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE número 296, do 11 de decembro), faise pública a declaración de impacto ambiental, formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade o 16 de setembro de 2025, do proxecto de conversión en autovía do corredor Nadela-Sarria, treito Nadela (A6)-enlace A Pobra de San Xiao. p.q. 0+000-13+500 (LU/21/218.01), nos concellos do Corgo, Lugo e O Páramo (Lugo), promovido por C. Infraestruturas e Vivenda, Axencia Galega de Infraestruturas (AXI).

A dita declaración poderase consultar na ligazón:

https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2025

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade