DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 1 de outubro de 2025 Páx. 51838

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas do concurso para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escalas de prevención e defensa contra incendios forestais.

Mediante a Resolución do 29 de abril de 2025 (DOG núm. 84, do 5 de maio) publicouse a relación provisional de persoas admitidas e excluídas no concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escalas de prevención e defensa contra incendios forestais, convocado pola Resolución do 30 de novembro de 2023 (DOG núm. 231, do 5 de decembro).

Transcorrido o prazo establecido nas bases para presentar reclamacións á exclusión das listas provisionais, esta dirección xeral, no uso da competencia delegada pola Consellería de Facenda e Administración Pública en virtude do disposto no artigo 1 da Orde do 8 de xaneiro de 2020 (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro),

RESOLVE:

Elevar a definitiva a relación de persoas solicitantes admitidas e excluídas do concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes dos corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escalas de prevención e defensa contra incendios forestais.

A relación de persoas admitidas e excluídas publicarase no portal web corporativo da Xunta de Galicia na epígrafe de concurso de traslados https://www.xunta.gal/funcion-publica/concurso-de-traslados/consulta

A listaxe de persoas solicitantes excluídas figura como anexo desta resolución.

As respostas ás reclamacións poderán consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal/funcion-publica/concurso-de-traslados/xeracion-de-reclamacions co DNI e co código da reclamación formulada.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes que se contará desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo correspondente, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2025

Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

ANEXO

1º apelido

2º apelido

Nome

NIF

Causa de exclusión

Barrio

Calderón

Manuel

***3609**

32, 57, 84

Casas

López

Segundo Pedro

***4459**

12, 112

Castro

García

Ana Belén

***6208**

12, 40

Cortés

Rebollido

Clara María

***5258**

4

Gómez

Fernández

Pedro

***9422**

32, 57, 84

González

González

Gustavo

***0250**

40

González

Santiago

José Luis

***6108**

55, 114

Lomba

Domínguez

Antonio

***9255**

32, 57, 84

Losada

Arca

Jesús María

***2176**

10

Martínez

Barja

Javier

***1375**

32, 57, 84

Novo

Álvarez

Juan Antonio

***5494**

32, 57, 84

Orbán

Da Silva

Diego

***7882**

10, 12

Pereira

Fresco

Alfredo

***6706**

32, 57, 84

Poncelas

Méndez

Eduardo

***7459**

32, 57, 84

Rocha

Arrue

José Carlos

***4101**

32, 57, 84

Rodríguez

López

José Amador

***6672**

32, 57, 84

Rodríguez

López

María del Carmen

***1116**

40

Rodríguez

Varela

José Manuel

***3135**

32, 57, 84

Torres

Abal

Manuel

***8326**

32, 57, 84

Vilas

López

Xoán Ramón

***7658**

4

Relación das causas de exclusión

Código

Causa de exclusión

4

Falta de nomeamento para o corpo/categoría desde o que concursa

10

Solicitude fóra de prazo ou sen rexistro de entrada

12

Corpo-escala ou categoría, relación de servizo ou tipo de Administración non corresponde ás do concurso

32

Menos de 2 anos de desenvolvemento do posto con carácter definitivo

40

Non pertence ao corpo/escala á data de fin de méritos

55

Non reunir os requisitos exixidos na base I da convocatoria

57

Persoal funcionario en destino provisional, sen destino definitivo

84

Nomeamento provisional no seu proceso selectivo

112

O concurso non está aberto ao seu corpo ou Administración

114

Falta ou non é válida a documentación de xustificación da solicitude condicionada