Na sesión que tivo lugar o 22 de setembro de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 30 de xaneiro de 2025 (DOG núm. 22, do 3 de febreiro), modificada pola Resolución do 5 de febreiro de 2025 (DOG núm. 25, do 6 de febreiro) e pola Resolución do 14 de febreiro de 2025 (DOG núm. 36, do 21 de febreiro), da Consellería de Facenda e Administración Pública da Xunta de Galicia, para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de técnicos facultativos, especialidade educador/a social,
ACORDOU:
Primeiro. De conformidade co disposto na base II.1.1.3 da convocatoria, superaron o terceiro exercicio do proceso selectivo as persoas aspirantes que obtiveron a cualificación de apto.
Segundo. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas ao terceiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de técnicos facultativos, especialidade educador social, convocado pola Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro), no portal web corporativo xunta.gal/funcion-publica.
Terceiro. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás cualificacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia.
Cuarto. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2025
Laura Fuentes López
Presidenta do tribunal
