DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 1 de outubro de 2025 Páx. 51844

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se modifica a Resolución do 9 de xullo de 2025 pola que se resolve o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escalas de enxeñeiros, enxeñeiros técnicos, arquitectos, arquitectos técnicos e ciencias, e se abre o prazo posesorio dos postos adxudicados no concurso de traslados convocado pola Resolución do 27 de febreiro de 2024.

Mediante a Resolución do 9 de xullo de 2025 pola que se resolve o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escalas de enxeñeiros, enxeñeiros técnicos, arquitectos, arquitectos técnicos e ciencias (DOG núm. 132, do 11 de xullo), en diante Resolución do 9 de xullo, resolveuse o concurso ordinario convocado pola Resolución do 27 de febreiro de 2024.

No anexo II da dita resolución publícanse os postos adxudicados ás persoas participantes no concurso de traslados. Non obstante, no dito anexo figuran oito postos afectados por medidas cautelares acordadas polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en que suspende o acto de toma de posesión dos ditos postos.

Co fin de preservar os dereitos das persoas adxudicatarias que se viron afectadas pola execución das medidas cautelares, estas tomarán posesión nun posto de similares características aos que lles foron adxudicados na Resolución do 9 de xullo de 2025 e con idénticos efectos.

Por outra banda, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, mediante a Sentenza 470/2025, do 9 de xullo de 2025, determina que deben anularse as adxudicacións de oficio ás dúas persoas participantes no concurso que figuran no anexo III da Resolución do 9 de xullo.

Polo exposto, no uso das competencias delegadas pola Consellería de Facenda e Administración Pública en virtude do disposto no artigo 1 da Orde do 8 de xaneiro de 2020 (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro), e de conformidade co previsto na base IX.5 da convocatoria, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. En execución dos autos de medidas cautelares do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, modificar o anexo II da Resolución do 9 de xullo de 2025 e excluír os postos que se indican no anexo I desta resolución. As persoas afectadas tomarán posesión, de xeito simultáneo ao resto de persoas adxudicatarias, en postos de similares características aos adxudicados, e con idénticos efectos.

Segundo. Anular as adxudicacións de oficio recollidas no anexo III da Resolución do 9 de xullo de 2025, que se reflicten no anexo II desta resolución.

Terceiro. Abrir o prazo de toma de posesión que se establece no punto terceiro da Resolución do 9 de xullo de 2025, que se producirá o día seguinte ao do cesamento. O cesamento deberá efectuarse o día 21 de outubro de 2025.

De conformidade co previsto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 8 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, o prazo da toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento e será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia.

Se a adxudicación comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión será dun mes e empezará a computarse o día 22 de outubro de 2025.

Cuarto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta mesma dirección xeral no prazo dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas ou, directamente, recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo correspondente, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2025

Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

ANEXO I

Adxudicacións que se modifican

Posto

Código do posto

Denominación

Cons.

Concello

Nivel

1º apelido

2º apelido

Nome

NIF

Subgrupo

Puntos

431

MR.C99.10.701.27001.011

Xefatura área técnica III

MR

Lugo

26

Bruña

García

Xabier

***1842**

A2

21,840

232

ED.C99.10.000.15001.261

Xefatura sección oficina supervisión proxectos

ED

A Coruña

25

Castillo

Losada

María Dolores

***4393**

A2

24,220

447

MR.C99.10.801.15001.010

Xefatura área defensa contra incendios II

MR

A Coruña

26

García

Lema

Luis Ángel

***0093**

A2

23,910

228

ED.C99.10.000.15001.247

Xefatura sección da unidade técnica

ED

A Coruña

25

López

Becerra

Javier

***5259**

A2

23,700

76

FC.A29.10.000.15001.187

Xefatura sección facultativo/a técnico/a

FC

A Coruña

25

López

Núñez

María Consuelo

***5611**

A2

22,780

64

MA.O19.10.000.15001.090

Arquitecto/a técnico/a funcións facultativas

MA

A Coruña

22

Martínez

Riola

Manuel

***4016**

A2

15,690

63

MA.O19.10.000.15001.089

Arquitecto/a técnico/a funcións facultativas

MA

A Coruña

22

Seijo

Rodríguez

Alejo

***7757**

A2

19,304

77

FC.A29.10.000.15001.188

Xefatura sección facultativo/a técnico/a

FC

A Coruña

25

Vázquez

Rey

Jorge

***1547**

A2

21,170

ANEXO II

Adxudicacións que se anulan

1º apelido

2º apelido

Nome

NIF

Subgrupo

Posto

Código do posto

Denominación

Cons.

Concello

Nivel

Palacios

Alonso

Teresa

***9478**

A1

60

MA.O11.00.004.15770.035

Enxeñeiro/a funcións facultativas

MA

Santiago de Compostela

26

López

Blanco

Antonio

***2949**

A1

91

IV.A10.00.000.15770.009

Enxeñeiro/a funcións facultativas

IV

Santiago de Compostela

26