DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 1 de outubro de 2025 Páx. 51907

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2025 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidades de enxeñaría de camiños, canais e portos, enxeñaría química e enxeñaría de telecomunicación, e no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidades de enxeñaría técnica de obras públicas e enxeñaría técnica de topografía, convocados polas ordes do 1 de marzo de 2018 (Diario Oficial de Galicia número 47, do 7 de marzo), pola Resolución do 30 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 65, do 4 de abril) e polas resolucións do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 244, do 26 de decembro, e Diario Oficial de Galicia número 245, do 27 de decembro).

A presente resolución dítase por delegación, de conformidade co establecido na Orde do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública, publicada no DOG núm. 16, do 24 de xaneiro.

Unha vez finalizado os procesos selectivos e acreditado o cumprimento dos requisitos exixidos por parte das persoas aspirantes, co obxecto de adxudicarlles destinos definitivos, convócanse a este acto de elección, pola orde que figura na presente resolución, ás persoas aspirantes que superaron os seguintes procesos selectivos:

Pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 47, do 7 de marzo), modificada pola Orde do 13 de marzo de 2018 (DOG núm. 59, do 23 de marzo) convocouse o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de camiños, canais e portos.

Pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 47, do 7 de marzo) convocouse o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica de obras públicas.

Pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 30 de marzo de 2022 (DOG núm. 65, do 4 de abril) convocouse o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica de obras públicas.

Pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, de 7 de febreiro), convocouse o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma Galicia; no corpo facultativo superior da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, e para o ingreso nas categorías 19, 32, 38 e 40 do grupo I de persoal laboral da Xunta de Galicia.

Pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro), convocouse o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no corpo de xestión de Administración xeral da Comunidade Autónoma Galicia; no corpo facultativo de grao medio da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, e para o ingreso nas categorías 3, 5, 6, 9, 35 e 39 do grupo II de persoal laboral da Xunta de Galicia.

Pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro), convocouse o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1; no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1; na escala de profesores numerarios do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, e para o ingreso na categoría 40 do grupo I de persoal laboral da Xunta de Galicia.

Pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro), convocouse o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo de xestión de Administración xeral da Comunidade Autónoma Galicia e no corpo facultativo de grao medio da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.

Esta consellería, seguindo o disposto nas respectivas bases das convocatorias,

DISPÓN:

Primeiro. Publicar como anexo I a relación de persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos e que son emprazadas á elección de destino definitivo, segundo a orde que, en aplicación das bases das convocatorias, deberá seguirse para os efectos da adxudicación de destino.

Segundo. Os postos ofertados e os requisitos esixidos para a súa ocupación figuran como anexo II desta resolución. As persoas aspirantes elixirán as prazas ao subgrupo ao que acceden e de conformidade co indicado no anexo II desta resolución.

Dado que no presente acto de elección coexisten varios procesos selectivos correspondentes a varias ofertas de emprego publico, así como os procesos selectivos extraordinarios de estabilización da Lei 20/2021 convocados polo sistema de concurso e polo sistema de concurso oposición, a orde para a elección de destino, efectuarase de acordo co seguinte criterio:

A orde para a elección de destino virá determinada pola data de publicación das convocatorias dos procesos selectivos, de xeito que as convocatorias máis antigas terán preferencia sobre as máis recentes.

Terceiro. As persoas aspirantes de cada unha das especialidades soamente poderán elixir os postos que figuran no anexo II para a súa especialidade.

Cuarto. Para o acceso á aplicación informática para a elección de destino, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal remitirá ás persoas aspirantes un correo electrónico co usuario e a clave de acceso á aplicación do proceso selectivo.

No prazo máximo de dous (2) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, a persoa aspirante, no suposto de que non recibise correctamente o seu usuario e clave, deberá poñerse en contacto co servizo informático da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, no teléfono 881 99 98 83, para que se lle faciliten os datos necesarios.

Unha vez transcorrido o prazo sinalado no parágrafo anterior, abrirase un prazo de cinco (5) días hábiles para que as persoas aspirantes que constan no anexo I desta resolución seleccionen telematicamente, a través do sistema electrónico, os destinos ofertados por orde de prelación.

A elección de destinos deberá realizarse a través do sistema electrónico ao que se poderá acceder a través da páxina web da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal https://www.xunta.gal/es/funcion-publica/procesos-selectivos/eleccion-destino

Quinto. Para a selección de destinos as persoas aspirantes deberán acceder ao sistema electrónico e proceder da seguinte forma:

Unha vez que acceda ao seu expediente electrónico, a persoa aspirante deberá, en primeiro lugar, elixir entre as opcións «Renuncia», «Solicitude de excedencia» ou «Escoller posto».

1º. De elixir a opción «Renuncia», deberaa presentar por escrito no rexistro da Xunta de Galicia no mesmo prazo previsto na disposición terceira. A persoa aspirante que exerza esta opción quedará excluída do proceso e decaerá no seu dereito a ser nomeada persoal funcionario de carreira do subgrupo ao que accede.

2º. De elixir a opción «Solicitude de excedencia», deberaa presentar por escrito no rexistro da Xunta de Galicia no mesmo prazo previsto na disposición terceira, sempre que cumpra os requisitos exixidos no artigo 174 (excedencia por prestación de servizos no sector público) da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia. Neste sentido, as persoas que a soliciten por prestar servizos noutra Administración deberán presentar a documentación que acredite o cumprimento dos requisitos exixidos no mesmo prazo previsto na disposición terceira.

Non obstante, exclúese desta opción ás persoas aspirantes que figuran na relación de aprobados dos procesos de estabilización derivados da Lei 20/2021 xa que de conformidade co disposto no artigo 11.2 da Lei 5/2022, do 21 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia, as persoas que adquiran a condición de persoal funcionario de carreira ou de persoal laboral fixo como consecuencia dos procesos selectivos previstos na dita lei, deberán permanecer en servizo activo na devandita escala, corpo ou categoría un mínimo de dous anos desde a toma de posesión antes de concedérselles excedencia por interese particular ou por prestación de servizos no sector público.

3º. De elixir a opción «Escoller posto», a persoa aspirante seleccionará, por orde de preferencia, os destinos que se ofertan. No suposto de que escolla un número de prazas inferior ao da posición que ocupa no proceso, as persoas aspirantes que cumpran os requisitos esixidos no artigo 174 da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia, poderán solicitar ser declaradas en excedencia por prestación de servizos no sector público; o que deberán de manifestar mediante a presentación dunha solicitude por escrito e no mesmo prazo previsto na disposición terceira, á que deberán achegar tanto a copia da última orde de prelación dos postos ofertados e seleccionados no sistema electrónico debidamente asinada como, no caso de solicitala por prestar servizos noutra Administración, a documentación que acredite o cumprimento dos requisitos exixidos.

Sexto. Ás persoas aspirantes que non presenten a súa solicitude de elección no prazo sinalado; ou seleccionen un número de prazas inferior ao da posición que ocupan no proceso e non se lles adxudique ningún destino e non cumpran os requisitos para ser declarados en excedencia; ou non presentasen a súa solicitude no xeito previsto nesta resolución, seranlles adxudicadas en destino os postos que lles correspondan atendendo á orde de publicación destes e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación dos postos ás persoas aspirantes presentes ou representadas, entre os que quedasen sen adxudicar.

Sétimo. Todas as comunicacións que formulen as persoas aspirantes dirixiranse á Consellería de Facenda e Administración Pública, Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, Servizo de Selección (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela). Para isto, deberán empregar o modelo co código PR004A previsto na Orde do 4 de maio de 2017 que aproba a posta en funcionamento do servizo para a presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado, habilitado na sede electrónica da Xunta de Galicia na dirección https://sede.xunta.gal; ou ben presentarán a documentación nas oficinas de rexistro da Xunta de Galicia e nos demais lugares previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Oitavo. Finalizado o prazo para a elección de destinos, a aplicación efectuará a adxudicación automática de destinos, en función do subgrupo ao que se accede e orde de prelación acadada por cada persoa aspirante no proceso e atendendo á orde de preferencia na selección de destinos efectuada por esta.

A adxudicación definitiva de postos resolverase mediante resolución da consellería competente en materia de función pública e publicarase no DOG.

Noveno. Estará á disposición das persoas aspirantes información complementaria para a utilización da aplicación informática e a presentación das solicitudes de elección de destino, na páxina web da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal https://www.xunta.gal/es/funcion-publica/procesos-selectivos/eleccion-destino

Decimo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2025

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

ANEXO I

Relación de persoas aspirantes que deben participar na elección de postos

Especialidade de enxeñaría de camiños, canais e portos (subgrupo A1)

Nº orde elección destino

Nº orde proceso selectivo

NIF

Apelidos e nome

Proceso selectivo

Conv.

Acceso

1

2

***3218**

Naya Belio, Laura

Enx. Camiños

2017

Libre

2

3

***8548**

González Martínez, Iván

Enx. Camiños

2017

Libre

3

4

***2568**

Álvarez Diñeiro, David

Enx. Camiños

2017

Libre

4

5

***8908**

Cernadas Soto, Jesús Javier

Enx. Camiños

2017

Libre

5

6

***0062**

Vila Vilariño, María Isabel

Enx. Camiños

2017

Libre

6

7

***8006**

Martínez Alfonsín, Leticia

Enx. Camiños

2017

Libre

7

8

***6463**

Fernández Añón, Roi

Enx. Camiños

2017

Libre

8

9

***4793**

López Muiña, Sergio

Enx. Camiños

2017

Libre

9

1

***1681**

Castro Conde, María Luisa

Enx. Camiños-concurso

2022

Libre

10

2

***3371**

Varela López, María Inmaculada

Enx. Camiños-concurso

2022

Libre

11

3

***3384**

López Otero, María del Carmen

Enx. Camiños-concurso

2022

Libre

12

4

***2481**

Ramil Tojeiro, Jorge

Enx. Camiños-concurso

2022

Libre

13

5

***1294**

Gómez Traba, Víctor Manuel

Enx. Camiños-concurso

2022

Libre

14

6

***6933**

Bosquet Herreros, Alberto

Enx. Camiños-concurso

2022

Libre

15

7

***2435**

Mosquera Barreiro, Olalla

Enx. Camiños-concurso

2022

Libre

16

8

***3144**

Botana Soto, Sonia

Enx. Camiños-concurso

2022

Libre

17

9

***2730**

Solla Fontán, Uxío

Enx. Camiños-concurso

2022

Libre

18

1

***2395**

Carrasco García, Laura

Enx. Camiños-concurso-oposición

2022

Libre

Especialidade de enxeñaría técnica de obras públicas (subgrupo A2)

Nº orde elección destino

Nº orde proceso selectivo

NIF

Apelidos e nome

Proceso selectivo

Conv.

Acceso

1

1

***3771**

Fernández Sierra, Beatriz

Enx. Técnica Obras Públicas

2017

Libre

2

2

***3926**

Melchor López, Jacobo

Enx. Técnica Obras Públicas

2017

Libre

3

3

***5170**

Rico Díaz, Adrián

Enx. Técnica Obras Públicas

2017

Libre

4

4

***5836**

González Arias, Luis

Enx. Técnica Obras Públicas

2017

Libre

5

5

***4914**

Vázquez Novo, Diego

Enx. Técnica Obras Públicas

2017

Libre

6

1

***2549**

Lendoiro Santos, Javier

Enx. Técnica Obras Públicas

2022

Libre

7

2

***7125**

García Ferreiro, Marta

Enx. Técnica Obras Públicas

2022

Libre

8

3

***9349**

Pérez García, Enrique

Enx. Técnica Obras Públicas

2022

Libre

9

4

***1179**

Golobardas Otero, Lidia

Enx. Técnica Obras Públicas

2022

Libre

10

5

***2797**

Rial González, Jesús

Enx. Técnica Obras Públicas

2022

Libre

11

6

***8172**

Ferreiro González, Tamara

Enx. Técnica Obras Públicas

2022

Libre

12

7

***2395**

Carrasco García, Laura

Enx. Técnica Obras Públicas

2022

Libre

13

8

***8846**

Tamayo Rodríguez, Alfonso José

Enx. Técnica Obras Públicas

2022

Libre

14

9

***2170**

García Somoza, José Javier

Enx. Técnica Obras Públicas

2022

Libre

15

10

***3697**

López Rúa, Carlos

Enx. Técnica Obras Públicas

2022

Libre

16

11

***3676**

Balada Pérez, Daniel

Enx. Técnica Obras Públicas

2022

Libre

17

1

***1294**

Maigler Ojea, Rocío Pilar

Enx. Técnica Obras Públicas-concurso

2022

Libre

18

2

***6431**

Martínez Pérez, Manuel

Enx. Técnica Obras Públicas-concurso

2022

Libre

19

1

***8118**

Carbajales Pernas, Romina

Enx. Técnica Obras Públicas-concurso-oposición

2022

Libre

Especialidade de enxeñaría química (subgrupo A1)

Nº orde elección destino

Nº orde proceso selectivo

NIF

Apelidos e nome

Proceso selectivo

Conv.

Acceso

1

1

***7916**

Pazos Alfonso, Lucía

Enx. Química-concurso

2022

Libre

Especialidade de enxeñaría de telecomunicación (subgrupo A1)

Nº orde elección destino

Nº orde proceso selectivo

NIF

Apelidos e nome

Proceso selectivo

Conv.

Acceso

1

1

***6281**

Cobelo Casas, César Abrahan

Enx. Telecomunicación-concurso

2022

Libre

2

2

***1588**

Peteiro Carreira, María Jesús

Enx. Telecomunicación-concurso

2022

Libre

3

3

***7541**

Biurrun González, Francisco Javier

Enx. Telecomunicación-concurso

2022

Base I.1.1

Especialidade de enxeñaría técnica de topografía (subgrupo A2)

Nº orde elección destino

Nº orde proceso selectivo

NIF

Apelidos e nome

Proceso selectivo

Conv.

Acceso

1

1

***6902**

Villaverde Vieites, Sonia

Enx. Técnica de Topografía-concurso

2022

Libre

ANEXO II

Prazas ofertadas

Especialidade de enxeñaría de camiños, canais e portos (subgrupo A1).

Código

Nome

Cons.

Centro destino

Centro directivo

Concello

Adscr.

Nivel

Formación

1

EC3020000115770021

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

EC

S. X. de Promoción Industrial e Solo Empresarial

Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial

Santiago de Compostela

A1

26

 

2

IVE100000015770028

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

MA

Dirección

Entidade Pública Empresarial Augas de Galicia

Santiago de Compostela

A1

26

640

3

IVE100000015770010

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

MA

Dirección

Entidade Pública Empresarial Augas de Galicia

Santiago de Compostela

A1

26

 

4

IVA100000015770010

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

IV

Axencia Galega de Infraestruturas (AXI)

Axencia Galega de Infraestruturas (AXI)

Santiago de Compostela

A1

26

 

5

IVE100000015770014

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

MA

Dirección

Entidade Pública Empresarial Augas de Galicia

Santiago de Compostela

A1

26

 

6

IVE192000036560031

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

MA

Zona Hidrográfica de Galicia-Sur (Vigo)

Ente Público Empresarial Augas de Galicia (Servizos Periféricos)

Vigo

A1

26

 

7

IVE192000015770031

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

MA

Zona Hidrográfica de Galicia-Centro (Santiago de Compostela)

Ente Público Empresarial Augas de Galicia (Servizos Periféricos)

Santiago de Compostela

A1

26

 

8

IVA100000015770016

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

IV

Axencia Galega de Infraestruturas (AXI)

Axencia Galega de Infraestruturas (AXI)

Santiago de Compostela

A1

26

 

9

IVA100000015770018

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

IV

Axencia Galega de Infraestruturas (AXI)

Axencia Galega de Infraestruturas (AXI)

Santiago de Compostela

A1

26

 

10

IVA100000015770017

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

IV

Axencia Galega de Infraestruturas (AXI)

Axencia Galega de Infraestruturas (AXI)

Santiago de Compostela

A1

26

 

11

IVE100000015770012

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

MA

Dirección

Entidade Pública Empresarial Augas de Galicia

Santiago de Compostela

A1

26

 

12

IVE100000015770030

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

MA

Dirección

Entidade Pública Empresarial Augas de Galicia

Santiago de Compostela

A1

26

640

13

IVE100000615770023

Xefatura Área de Supervisión

MA

S. X. de Xestión e Execución de Infraestruturas Hidráulicas

Entidade Pública Empresarial Augas de Galicia

Santiago de Compostela

A1

26

 

14

IVE100000015770031

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

MA

Dirección

Entidade Pública Empresarial Augas de Galicia

Santiago de Compostela

A1

26

640

15

IVE100000415770024

Xefatura Área Control e Seguim. Dom. Púb. Hidrául.

MA

Comisaría de Augas

Entidade Pública Empresarial Augas de Galicia

Santiago de Compostela

A1

26

 

16

IVE192000015770032

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

MA

Zona Hidrográfica de Galicia-Centro (Santiago de Compostela)

Ente Público Empresarial Augas de Galicia (Servizos Periféricos)

Santiago de Compostela

A1

26

 

17

IVE100000015770029

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

MA

Dirección

Entidade Pública Empresarial Augas de Galicia

Santiago de Compostela

A1

26

640

18

IVE100000015770022

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

MA

Dirección

Entidade Pública Empresarial Augas de Galicia

Santiago de Compostela

A1

26

 

Formacións específicas

Código

Descrición

640

Para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I.).

Especialidade de enxeñaría técnica de obras públicas (subgrupo A2)

Código

Nome

Cons.

Centro destino

Centro directivo

Concello

Adscr.

Nivel

1

IVA191000032001018

Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas

IV

Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas de Ourense

Axencia Galega de Infraestruturas (servizos periféricos)

Ourense

A2

22

2

IVE100000515770032

Xefatura Sección Técnica

MA

S. X. de Planificación da Xestión dos Recursos Hídricos

Entidade Pública Empresarial Augas de Galicia

Santiago de Compostela

A2

25

3

IVA100000215770025

Xefatura Sección Técnica I

IV

Área de Planificación, Innovación e Seguridade Viaria

Axencia Galega de Infraestruturas (AXI)

Santiago de Compostela

A2

25

4

IVE192000015001049

Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas

MA

Zona Hidrográfica de Galicia-Norte (A Coruña)

Ente Público Empresarial Augas de Galicia (servizos periféricos)

A Coruña

A2

22

5

IVE192000036560049

Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas

MA

Zona Hidrográfica de Galicia-Sur (Vigo)

Ente Público Empresarial Augas de Galicia (Servizos periféricos)

Vigo

A2

22

6

IVA100000315770155

Xefatura Sección Técnica III

IV

Área de Deseño de Infraestruturas

Axencia Galega de Infraestruturas (AXI)

Santiago de Compostela

A2

25

7

IVA191000032001060

Xefatura Sección Técnica I

IV

Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas de Ourense

Axencia Galega de Infraestruturas (servizos periféricos)

Ourense

A2

25

8

IVE100000015770036

Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas

MA

Dirección

Entidade Pública Empresarial Augas de Galicia

Santiago de Compostela

A2

22

9

IVE192000015770049

Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas

MA

Zona Hidrográfica de Galicia-Centro (Santiago de Compostela)

Ente Público Empresarial Augas de Galicia (servizos periféricos)

Santiago de Compostela

A2

22

10

IVE192000015770047

Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas

MA

Zona Hidrográfica de Galicia-Centro (Santiago de Compostela)

Ente Público Empresarial Augas de Galicia (servizos periféricos)

Santiago de Compostela

A2

22

11

IVA100000315770060

Xefatura Unidade Técnica de Expropiacións

IV

Área de Deseño de Infraestruturas

Axencia Galega de Infraestruturas (AXI)

Santiago de Compostela

A1-A2

26

12

IVA100000015770036

Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas

IV

Axencia Galega de Infraestruturas (AXI)

Axencia Galega de Infraestruturas (AXI)

Santiago de Compostela

A2

22

13

IVE192000015770039

Xefatura Sección Técnica

MA

Zona Hidrográfica de Galicia-Centro (Santiago de Compostela)

Ente Público Empresarial Augas de Galicia (servizos periféricos)

Santiago de Compostela

A2

25

14

IVA191000032001065

Xefatura Sección Técnica II

IV

Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas de Ourense

Axencia Galega de Infraestruturas (servizos periféricos)

Ourense

A2

25

15

IVA191000027001016

Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas

IV

Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas de Lugo

Axencia Galega de Infraestruturas (servizos periféricos)

Lugo

A2

22

16

IVA191000032001019

Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas

IV

Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas de Ourense

Axencia Galega de Infraestruturas (servizos periféricos)

Ourense

A2

22

17

IVA191000036001010

Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas

IV

Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas de Pontevedra

Axencia Galega de Infraestruturas (servizos periféricos)

Pontevedra

A2

22

18

IVA191000036001011

Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas

IV

Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas de Pontevedra

Axencia Galega de Infraestruturas (servizos periféricos)

Pontevedra

A2

22

19

IVA191000027001017

Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas

IV

Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas de Lugo

Axencia Galega de Infraestruturas (servizos periféricos)

Lugo

A2

22

Especialidade de enxeñaría química (subgrupo A1)

Código

Nome

Cons.

Centro destino

Centro directivo

Concello

Adscr.

Nivel

1

MAC040000015770011

Posto base subgrupo A1

MA

D. X. de Calidade Ambiental e Sostibilidade

Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade

Santiago de Compostela

A1

20

Especialidade de enxeñaría de telecomunicación (subgrupo A1)

Código

Nome

Cons.

Centro destino

Centro directivo

Concello

Adscr.

Nivel

1

EIA110000215770029

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

ED

Área de Programas

Axencia Galega de Innovación (GAIN)

Santiago de Compostela

A1

26

2

EIA110000315770025

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

EC

Área de Servizos

Axencia Galega de Innovación (GAIN)

Santiago de Compostela

A1

26

3

PX2010000215770017

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

PX

S. X. de Enxeñaría e Planificación de Radio, Televisión e Multimedia

Secretaría Xeral de Medios

Santiago de Compostela

A1

26

Especialidade de enxeñaría técnica de topografía (subgrupo A2)

Código

Nome

Cons.

Centro destino

Centro directivo

Concello

Adscr.

Nivel

1

MAC030000115770003

Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas

MA

S. X. de Enerxías Renovables

Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático

Santiago de Compostela

A2

22