A presente resolución dítase por delegación, de conformidade co establecido na Orde do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública, publicada no DOG núm. 16, do 24 de xaneiro.
Unha vez finalizado os procesos selectivos e acreditado o cumprimento dos requisitos exixidos por parte das persoas aspirantes, co obxecto de adxudicarlles destinos definitivos, convócanse a este acto de elección, pola orde que figura na presente resolución, ás persoas aspirantes que superaron os seguintes procesos selectivos:
Pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 16 de decembro de 2021 (DOG núm. 241, do 17 de decembro) convocouse o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de arquitectos.
Pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 16 de decembro de 2021 (DOG núm. 241, do 17 de decembro) convocouse o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de arquitectos.
Pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 16 de decembro de 2021 (DOG núm. 241, do 17 de decembro) convocouse o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de arquitectos técnicos.
Pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 16 de decembro de 2021 (DOG núm. 241, do 17 de decembro) convocouse o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de arquitectos técnicos.
Pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro), convocouse o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma Galicia; no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, e para o ingreso nas categorías 19, 32, 38 e 40 do grupo I de persoal laboral da Xunta de Galicia.
Pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro), convocouse o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma Galicia; no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, e para o ingreso nas categorías 3, 5, 6, 9, 35 e 39 do grupo II de persoal laboral da Xunta de Galicia.
Pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro), convocouse o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1; no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1; na escala de profesores numerarios do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, e para o ingreso na categoría 40 do grupo I de persoal laboral da Xunta de Galicia.
Esta consellería, seguindo o disposto nas respectivas bases das convocatorias,
DISPÓN:
Primeiro. Publicar como anexo I a relación de persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos e que son emprazadas á elección de destino definitivo, segundo a orde que, en aplicación das bases das convocatorias, deberá seguirse para os efectos da adxudicación de destino.
Segundo. Os postos ofertados e os requisitos exixidos para a súa ocupación figuran como anexo II desta resolución. As persoas aspirantes elixirán as prazas ao subgrupo ao que acceden e de conformidade co indicado no anexo II desta resolución.
Dado que no presente acto de elección coexisten varios procesos selectivos correspondentes a varias ofertas de emprego publico, procesos selectivos ordinarios de acceso libre e de estabilización dunha mesma oferta pertencentes ao mesmo subgrupo ou a diferente subgrupo convocados na mesma ou en diferentes datas, así como os procesos selectivos extraordinarios de estabilización da Lei 20/2021 convocados polo sistema de concurso e polo sistema de concurso oposición, a orde para a elección de destino efectuarase de acordo cos seguintes criterios:
1º. A orde para a elección de destino virá determinada pola data de publicación das convocatorias dos procesos selectivos, de xeito que as convocatorias máis antigas terán preferencia sobre as máis recentes.
2º. Nos procesos coa mesma data de convocatoria terán prioridade as persoas convocadas para o acto de elección de destino da escala de arquitectos (subgrupo A1), sobre as persoas convocadas para o acto de elección da escala de arquitectos técnicos (subgrupo A2).
3º. Dentro do mesmo subgrupo e especialidade a orde de elección de destino virá determinada polo ano de publicación da oferta, de xeito que as ofertas mais antigas terán preferencia sobre as ofertas de emprego máis recentes. No caso de que nunha soa convocatoria se acumulen prazas correspondentes a varias ofertas, tomarase como referencia a oferta mais antiga convocada
Terceiro. As persoas aspirantes de cada unha das especialidades soamente poderán elixir os postos que figuran no anexo II para a súa especialidade.
Cuarto. Para o acceso á aplicación informática para a elección de destino, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal remitirá ás persoas aspirantes un correo electrónico co usuario e a clave de acceso á aplicación do proceso selectivo.
No prazo máximo de dous (2) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, a persoa aspirante, no suposto de que non recibise correctamente o seu usuario e clave, deberá poñerse en contacto co servizo informático da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, no teléfono 881 99 98 83, para que se lle faciliten os datos necesarios.
Unha vez transcorrido o prazo sinalado no parágrafo anterior, abrirase un prazo de cinco (5) días hábiles para que as persoas aspirantes que constan no anexo I desta resolución seleccionen telematicamente, a través do sistema electrónico, os destinos ofertados por orde de prelación.
A elección de destinos deberá realizarse a través do sistema electrónico ao que se poderá acceder a través da páxina web da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal https://www.xunta.gal/es/funcion-publica/procesos-selectivos/eleccion-destino
Quinto. Para a selección de destinos as persoas aspirantes deberán acceder ao sistema electrónico e proceder da seguinte forma:
Unha vez que acceda ao seu expediente electrónico, a persoa aspirante deberá, en primeiro lugar, elixir entre as opcións «Renuncia», «Solicitude de excedencia» ou «Escoller posto».
1º. De elixir a opción «Renuncia», deberaa presentar por escrito no rexistro da Xunta de Galicia no mesmo prazo previsto na disposición terceira. A persoa aspirante que exerza esta opción quedará excluída do proceso e decaerá no seu dereito a ser nomeada persoal funcionario de carreira do subgrupo ao que accede.
2º. De elixir a opción «Solicitude de excedencia», deberaa presentar por escrito no rexistro da Xunta de Galicia no mesmo prazo previsto na disposición terceira, sempre que cumpra os requisitos exixidos no artigo 174 (excedencia por prestación de servizos no sector público) da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia. Neste sentido, as persoas que a soliciten por prestar servizos noutra Administración deberán presentar a documentación que acredite o cumprimento dos requisitos exixidos no mesmo prazo previsto na disposición terceira.
Non obstante, exclúese desta opción ás persoas aspirantes que figuran na relación de aprobados dos procesos de estabilización derivados da Lei 20/2021 xa que de conformidade co disposto no artigo 11.2 da Lei 5/2022, do 21 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia, as persoas que adquiran a condición de persoal funcionario de carreira ou de persoal laboral fixo como consecuencia dos procesos selectivos previstos na dita lei, deberán permanecer en servizo activo na devandita escala, corpo ou categoría un mínimo de dous anos desde a toma de posesión antes de concedérselles excedencia por interese particular ou por prestación de servizos no sector público.
3º. De elixir a opción «Escoller posto», a persoa aspirante seleccionará, por orde de preferencia, os destinos que se ofertan. No suposto de que escolla un número de prazas inferior ao da posición que ocupa no proceso, as persoas aspirantes que cumpran os requisitos exixidos no artigo 174 da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia, poderán solicitar ser declaradas en excedencia por prestación de servizos no sector público; o que deberán de manifestar mediante a presentación dunha solicitude por escrito e no mesmo prazo previsto na disposición terceira, á que deberán achegar tanto a copia da última orde de prelación dos postos ofertados e seleccionados no sistema electrónico debidamente asinada como, no caso de solicitala por prestar servizos noutra Administración, a documentación que acredite o cumprimento dos requisitos exixidos.
Sexto. Ás persoas aspirantes que non presenten a súa solicitude de elección no prazo sinalado; ou seleccionen un número de prazas inferior ao da posición que ocupan no proceso e non se lles adxudique ningún destino e non cumpran os requisitos para ser declarados en excedencia; ou non presentasen a súa solicitude no xeito previsto nesta resolución, seranlles adxudicadas en destino os postos que lles correspondan atendendo á orde de publicación destes e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación dos postos ás persoas aspirantes presentes ou representadas, entre os que quedasen sen adxudicar.
Sétimo. Todas as comunicacións que formulen as persoas aspirantes dirixiranse á Consellería de Facenda e Administración Pública, Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, Servizo de Selección (Edificio Administrativo San Caetano. Santiago de Compostela). Para isto, deberán empregar o modelo co código PR004A previsto na Orde do 4 de maio de 2017 que aproba a posta en funcionamento do servizo para a presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado, habilitado na sede electrónica da Xunta de Galicia na dirección https://sede.xunta.gal; ou ben presentarán a documentación nas oficinas de rexistro da Xunta de Galicia e nos demais lugares previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Oitavo. Finalizado o prazo para a elección de destinos, a aplicación efectuará a adxudicación automática de destinos, en función do subgrupo ao que se accede e orde de prelación acadada por cada persoa aspirante no proceso e atendendo á orde de preferencia na selección de destinos efectuada por esta.
A adxudicación definitiva de postos resolverase mediante resolución da consellería competente en materia de función pública e publicarase no DOG.
Noveno. Estará á disposición das persoas aspirantes información complementaria para a utilización da aplicación informática e a presentación das solicitudes de elección de destino, na páxina web da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal https://www.xunta.gal/es/funcion-publica/procesos-selectivos/eleccion-destino
Decimo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2025
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
ANEXO I
Relación de persoas aspirantes que deben participar na elección de postos
Especialidades de arquitectos (subgrupo A1) e de arquitectos técnicos (subgrupo A2).
|
Nº orde elección destino |
Nº orde proceso selectivo |
NIF |
Apelidos e nome |
Proceso selectivo |
Convocatoria |
Acceso |
|
1 |
1 |
***2952** |
Cerreda Álvarez, Martín |
Arquitectos-estabilización |
2021 |
Libre |
|
2 |
2 |
***5848** |
Montes Roces, María Orlindes |
Arquitectos-estabilización |
2021 |
Libre |
|
3 |
3 |
***8116** |
González García, Lorena |
Arquitectos-estabilización |
2021 |
Libre |
|
4 |
4 |
***9892** |
Castro Novais, Patricia |
Arquitectos-estabilización |
2021 |
Libre |
|
5 |
5 |
***7658** |
Díaz Rivera, Ana |
Arquitectos-estabilización |
2021 |
Libre |
|
6 |
1 |
***3964** |
Cotoya Díaz, Vanesa |
Arquitectos-acceso libre |
2021 |
Libre |
|
7 |
2 |
***4206** |
Garabal Fernández, Jesús |
Arquitectos-acceso libre |
2021 |
Libre |
|
8 |
3 |
***2157** |
Portela Alonso, David |
Arquitectos-acceso libre |
2021 |
Libre |
|
9 |
4 |
***9657** |
Alonso Blanco, Sofía |
Arquitectos-acceso libre |
2021 |
Libre |
|
10 |
5 |
***0959** |
González Ocampo, Rocío |
Arquitectos-acceso libre |
2021 |
Libre |
|
11 |
6 |
***1426** |
Faya Martínez, Fernando |
Arquitectos-acceso libre |
2021 |
Libre |
|
12 |
7 |
***4310** |
Pereira da Silva, Amelia Rosalía |
Arquitectos-acceso libre |
2021 |
Libre |
|
13 |
8 |
***1684** |
Pueyo Varela, Manuel |
Arquitectos-acceso libre |
2021 |
Libre |
|
14 |
9 |
***0785** |
Louzao Pernas, María de la Cruz |
Arquitectos-acceso libre |
2021 |
Libre |
|
15 |
10 |
***1860** |
González Blanco, María Isabel |
Arquitectos-acceso libre |
2021 |
Libre |
|
16 |
11 |
***3807** |
Fernández Abad, Inés |
Arquitectos-acceso libre |
2021 |
Libre |
|
17 |
12 |
***9536** |
Simón Barreiro, Elena |
Arquitectos-acceso libre |
2021 |
Libre |
|
18 |
13 |
***1335** |
Labrador García, María |
Arquitectos-acceso libre |
2021 |
Libre |
|
19 |
14 |
***1889** |
Reguera Seoane, Miguel |
Arquitectos-acceso libre |
2021 |
Libre |
|
20 |
15 |
***5185** |
Pérez Caserío, Cristina |
Arquitectos-acceso libre |
2021 |
Libre |
|
21 |
16 |
***9346** |
Barral Rodríguez, Gema |
Arquitectos-acceso libre |
2021 |
Libre |
|
22 |
17 |
***5218** |
Castro Rodríguez, Cristina |
Arquitectos-acceso libre |
2021 |
Base I.1.1 |
|
23 |
1 |
***7339** |
Arias Rodríguez, José Antonio (*) |
Arquitectos técnicos-estabilización |
2021 |
Libre |
|
24 |
2 |
***1860** |
Visos Fiaño, Antonio |
Arquitectos técnicos-estabilización |
2021 |
Libre |
|
25 |
1 |
***1524** |
Ansede Ogando, Ana María (*) |
Arquitectos técnicos-acceso libre |
2021 |
Libre |
|
26 |
2 |
***5263** |
Santamaría Vázquez, Susana |
Arquitectos técnicos-acceso libre |
2021 |
Libre |
|
27 |
3 |
***6757** |
Linares Ávila, María del Pilar (*) |
Arquitectos técnicos-acceso libre |
2021 |
Libre |
|
28 |
4 |
***4739** |
González Román, José Benito (*) |
Arquitectos técnicos-acceso libre |
2021 |
Libre |
|
29 |
5 |
***6373** |
Ferreiroa González, José Manuel |
Arquitectos técnicos-acceso libre |
2021 |
Libre |
|
30 |
6 |
***2635** |
Martínez de la Cruz, Julio Antonio |
Arquitectos técnicos-acceso libre |
2021 |
Libre |
|
31 |
7 |
***7927** |
Fernández García, Borja |
Arquitectos técnicos-acceso libre |
2021 |
Libre |
|
32 |
8 |
***5191** |
Penas López, Daniel |
Arquitectos técnicos-acceso libre |
2021 |
Libre |
|
33 |
9 |
***7042** |
González Aguiar, Mónica |
Arquitectos técnicos-acceso libre |
2021 |
Libre |
|
34 |
10 |
***9006** |
Presas Rodríguez, María Luisa |
Arquitectos técnicos-acceso libre |
2021 |
Libre |
|
35 |
11 |
***4686** |
Fernández Dopazo, Sonia María |
Arquitectos técnicos-acceso libre |
2021 |
Libre |
|
36 |
12 |
***2706** |
Martínez Ruibal, Juan Antonio |
Arquitectos técnicos-acceso libre |
2021 |
Libre |
|
37 |
13 |
***0755** |
Abelleira Lence, Susana María |
Arquitectos técnicos-acceso libre |
2021 |
Libre |
|
38 |
14 |
***2876** |
González Álvarez, Diego (*) |
Arquitectos técnicos-acceso libre |
2021 |
Libre |
|
39 |
15 |
***7809** |
Anido Puente, Ana |
Arquitectos técnicos-acceso libre |
2021 |
Libre |
|
40 |
16 |
***2424** |
Camino Vilariño, María Isabel |
Arquitectos técnicos-acceso libre |
2021 |
Libre |
|
41 |
17 |
***6311** |
Trigo González, Ana Belén |
Arquitectos técnicos-acceso libre |
2021 |
Libre |
|
42 |
18 |
***1205** |
Salorio Álvarez, Francisco Javier |
Arquitectos técnicos-acceso libre |
2021 |
Libre |
|
43 |
19 |
***8430** |
Castiñeiras Lesende, Ana |
Arquitectos técnicos-acceso libre |
2021 |
Libre |
|
44 |
20 |
***0642** |
Rancaño Borras, Susana |
Arquitectos técnicos-acceso libre |
2021 |
Libre |
|
45 |
21 |
***0706** |
Novo Sánchez, Sandra |
Arquitectos técnicos-acceso libre |
2021 |
Libre |
|
46 |
22 |
***4563** |
Eijo Nogueira, David |
Arquitectos técnicos-acceso libre |
2021 |
Libre |
|
47 |
23 |
***3017** |
Rivero Martínez, Yolanda |
Arquitectos técnicos-acceso libre |
2021 |
Libre |
|
48 |
1 |
***7840** |
Ligero Martínez-Risco, Ángel |
Arquitectos-concurso |
2022 |
Libre |
|
49 |
2 |
***8946** |
Domínguez Tedín, María Meibel |
Arquitectos-concurso |
2022 |
Libre |
|
50 |
3 |
***9269** |
Rodríguez González, Mónica |
Arquitectos-concurso |
2022 |
Libre |
|
51 |
1 |
***4388** |
Carballas Dorrego, Carlos |
Arquitectos técnicos-concurso |
2022 |
Libre |
|
52 |
2 |
***2567** |
Rodríguez Baliña, Mónica |
Arquitectos técnicos-concurso |
2022 |
Libre |
|
53 |
3 |
***7929** |
González González, Julio |
Arquitectos técnicos-concurso |
2022 |
Libre |
|
54 |
4 |
***9374** |
Pacheco Etchevers, Ramón |
Arquitectos técnicos-concurso |
2022 |
Libre |
|
55 |
5 |
***0998** |
Tilve Lameiro, Beatriz Elisa |
Arquitectos técnicos-concurso |
2022 |
Libre |
|
56 |
1 |
***6246** |
Macía Rodríguez, María |
Arquitectos-concurso-oposición |
2022 |
Libre |
|
57 |
2 |
***1915** |
López Durango, Ana |
Arquitectos-concurso-oposición |
2022 |
Libre |
(*) As persoas afectadas por medidas cautelares non están obrigadas a participar neste acto de elección de destino. Non obstante, poden facelo se así o desexan.
