DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 1 de outubro de 2025 Páx. 51979

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 15 de setembro de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Rianxo (expediente IN407A 2024/102-1).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio notifícanselle á persoa interesada a Resolución desta dirección territorial, do 12 de febreiro de 2025, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica a favor da entidade UFD Distribución Electricidad, S.A.

A citada resolución corresponde ao proxecto de instalación eléctrica denominada LMT, CTC e RBTS O Castriño no concello de Rianxo (expediente IN407A 2024/102-1).

O texto íntegro da resolución está á disposición da persoa interesada na sede do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, sita no Edificio Administrativo de Monelos, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15008 A Coruña, na Sección de Enerxía (teléfono 981 18 49 02), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A persoa interesada disporán dun prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, para solicitar a remisión da resolución ao enderezo que sinalen.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso de alzada, ante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, ou interpoñer calquera outro recurso que xulguen procedente.

A Coruña, 15 de setembro de 2025

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Relacións de bens e dereitos afectados

Expediente: IN407A 2024/102-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMT, CTC e RBTS O Castriño.

Concello: Rianxo.

Predio

proxecto

Persoa

propietaria/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección de solo

pleno dominio

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica

Natureza do terreo

Apoio núm.

Superficie

(m²)

ml

aér.

ml sot.

m² aér.

m² sot.

2

Descoñecido

4545018NH1244N0001FY

rúa Castriño 4

Centro de

transformación

35,0

5,0

14,0

Labor

Abreviacións:

ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.

ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.

m² aér.: superficie de servidume aérea en m².

m² sot.: superficie de servidume soterrada en m².