Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar», mediante este anuncio notifícaselle á persoa sinalada no anexo a resolución desta dirección territorial, do 24 de xullo de 2025, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica a prol da entidade UFD Distribución Electricidad, S.A.
A citada resolución corresponde ao proxecto de instalación eléctrica denominada Instalación de reconectador na LMT SCY-822 apoio ASCOO0JK//146-2, no concello de Trazo (expediente IN407A 2024/076-1).
O texto íntegro da resolución que se anuncia está á disposición das persoas interesadas na sede do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, situada no Edificio Administrativo de Monelos, na rúa Vicente Ferrer, 2-2º, 15008 A Coruña, na Sección de Enerxía (teléfono de contacto 981 18 49 02), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días, a partir da publicación deste anuncio, para solicitaren a remisión da resolución ao enderezo que sinalen.
Contra a resolución, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir da notificación da resolución, ou interpoñer calquera outro recurso que proceda.
A Coruña, 28 de agosto de 2025
O director territorial da Coruña
P.A. (Artigo 40 do Decreto 140/2024, do 20 de maio)
Lourdes Fernández Parajes
Xefa do servizo de Industria
ANEXO
Instalación de reconectador na LMT SCY-822 apoio ASCOO0JK//146-2
|
Nº de predio |
Lugar/ref. catastral |
Cultivo |
Propietario e enderezo |
Afección de solo |
Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica |
||||
|
Apoio nº/centro de transformación |
m² |
ml aér. |
ml sot. |
m² aér. |
m² sot. |
||||
|
1 |
Lg. Liñares Ref. catastral: 15087A008002890000SM |
Labor/labradío secaño |
Descoñecido |
Apoio |
2,0 |
||||
Abreviacións:
ml aér: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.
ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.
m² aér.: superficie de servidume aérea en m².
m² sot.: superficie de servidume soterrada en m².
