DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 1 de outubro de 2025 Páx. 51991

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

ANUNCIO do 24 de setembro de 2025, da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, polo que se somete a información pública o procedemento ACA 2/2025, relativo á concesión da autorización comercial autonómica para a implantación dun establecemento comercial colectivo en Vigo, promovido por Global Fitness Sport, S.L.U.

De conformidade co disposto no artigo 83 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, e no artigo 15.2 do Decreto 211/2012, do 25 de outubro, polo que se regula o procedemento para a obtención da autorización comercial autonómica, iníciase o trámite de información pública, como parte integrante do procedemento para a obtención da autorización comercial autonómica para a implantación dun establecemento comercial colectivo en Vigo, promovido por Global Fitness Sport, S.L.U.

Para estes efectos, cumprindo co deber de información que debe outorgarse ao público sobre os aspectos relevantes relacionados co procedemento de autorización do proxecto de referencia, infórmase do seguinte:

a) Global Fitness Sport, S.L.U. solicitou a concesión da autorización comercial autonómica para a implantación dun establecemento comercial colectivo en Vigo.

b) O órgano competente para resolver a solicitude de concesión da autorización comercial autonómica é a persoa titular da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, en virtude do establecido no artigo 32.1 da Lei do comercio interior de Galicia e no Decreto 147/2024, do 20 de maio, polo que se establece a súa estrutura orgánica.

c) O órgano do cal pode obterse información ao respecto é o Servizo de Normativa, Innovación e Ordenación Comercial da Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

d) A solicitude e o proxecto están dispoñibles ao público, para a súa consulta, na seguinte ligazón:

https://comercio.xunta.gal/autorizacion-grandes-superficies-comerciais/navia

e) O público poderá participar durante o prazo de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ao de publicación deste anuncio.

Así mesmo, poderán formular as alegacións, observacións e suxestións que consideren oportunas, que deberán dirixirse á Dirección Xeral de Comercio e Consumo e presentarse por calquera dos medios que recolle o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de 20 días hábiles a partir da data de publicación do presente anuncio.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2025

Gabriel Alén Castro
Director xeral de Comercio e Consumo