DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 1 de outubro de 2025 Páx. 51990

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

ANUNCIO do 12 de setembro de 2025, da Dirección Xeral de Simplificación Administrativa e do Patrimonio, polo que se informa da revogación da declaración de herdeiros, a favor da Comunidade Autónoma de Galicia, de Lourdes Reboiras Torrado.

De conformidade co disposto no artigo 159.1, parágrafo terceiro, da Lei 6/2023, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, infórmase de que mediante a Resolución do 21 de agosto de 2025, da Dirección Xeral de Simplificación Administrativa e do Patrimonio, se acordou a revogación da Resolución do 2 de outubro de 2019, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda e Administración Pública, pola que se declarou a Comunidade Autónoma de Galicia herdeira ab intestato de Lourdes Reboiras Torrado (DOG núm. 201, do 22.10.2019, e Supl. Not. BOE núm. 257, do 25.10.2019), pola posterior aparición dunha persoa con mellor dereito a suceder.

Este anuncio publicarase no Boletín Oficial del Estado, no Diario Oficial de Galicia, na páxina web da Consellería de Facenda e Administración Pública e no taboleiro de anuncios dos concellos de Rois, Pontevedra e Sanxenxo, por un prazo non inferior a trinta días naturais.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2025

José María Barreiro Díaz
Director xeral de Simplificación Administrativa e do Patrimonio