De conformidade co artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e ante a imposibilidade de efectuarlles a notificación ás persoas titulares dos bens que se relacionan a continuación, comunícaselles ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa e retirada das especies arbóreas prohibidas nas parcelas sinaladas a seguir, imposta polo artigo 22.1 da citada Lei 3/2007, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas:
|
Número de expediente |
Referencia catastral |
Parroquia |
Titulares catastrais |
|
2025/V001/000135 |
2262432NH4926S |
Oseiro |
C.A.S.A. |
|
2025/V001/000079 |
1763929NH4916S |
Oseiro |
En investigación |
|
2024/V001/000123 |
9248418NH3994N 9248416NH3994N |
Arteixo Arteixo |
P.B.S.L. C.S.A. |
En virtude do anterior, as persoas responsables dispoñen dun prazo máximo de quince días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) para o cumprimento voluntario da obriga de xestión da biomasa nas parcelas citadas.
Transcorrido o devandito prazo e, no caso de persistencia no incumprimento, o Concello realizará a execución subsidiaria con repercusión á propiedade dos custos de xestión da biomasa e, de ser o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da Lei 3/2007, anteriormente citada, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.
Así mesmo, comunícaselles ás persoas responsables que o contido íntegro das notificacións, así como a totalidade do expediente administrativo, está á súa disposición no Departamento de Medio Ambiente do Concello de Arteixo.
Arteixo, 8 de setembro de 2025
O alcalde
P.D. (Decreto 1243/2025, do 8 de maio)
Víctor Merelas García
Concelleiro con delegación especial de Medio Ambiente
