DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 1 de outubro de 2025 Páx. 52025

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa.

De conformidade co artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e ante a imposibilidade de efectuarlles a notificación ás persoas titulares dos bens que se relacionan a continuación, comunícaselles ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa e retirada das especies arbóreas prohibidas nas parcelas sinaladas a seguir, imposta polo artigo 22.1 da citada Lei 3/2007, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas:

Número de expediente

Referencia catastral

Parroquia

Titulares catastrales

2024/V001/000137

1964348NH4926S

Oseiro

V. P. R.

H. S. R. S.

En virtude do anterior, as persoas responsables dispoñen dun prazo máximo de quince días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) para o cumprimento voluntario da obriga de xestión da biomasa nas parcelas citadas.

Transcorrido o devandito prazo, e no caso de persistencia no incumprimento, o Concello efectuará a execución subsidiaria con repercusión á propiedade dos custos de xestión da biomasa e, de ser o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da Lei 3/2007, anteriormente citada, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.

Así mesmo, comunícaselles ás persoas responsables que o contido íntegro das notificacións, así como a totalidade do expediente administrativo, está á súa disposición no Departamento de Medio Ambiente do Concello de Arteixo.

Arteixo, 8 de setembro de 2025

O alcalde
P.D. (Decreto 1243/2025, do 8 de maio)
Víctor Merelas García
Concelleiro con delegación especial de Medio Ambiente