De conformidade cos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentouse sen efecto a notificación do acto que se indica por causas non imputables á Administración.
Ao non ser posible efectuar a comunicación a que se refire o número 2 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, aos titulares das parcelas que se relacionan a seguir, por causas non imputables a esta administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión da biomasa.
|
Acto que se notifica |
Referencia catastral polígono/parcela |
Localización |
Interesado/a Persoa responsable |
|
Orde de execución (exp. 1862-2025) Resolución de inicio O.E. do 5.9.2025 |
36043A012010010000JA 36043A012010010001KS (polígono 12, parcela 1001) |
Cuñas Ponte Caldelas |
Víctor Andre Cota |
|
Orde de execución (exp. 1699-2025) Resolución de inicio O.E. do 9.9.2025 |
36043A053000320000JK (polígono 53, parcela 32) |
Caldelas Ponte Caldelas |
José Manuel Mallo Liñares |
|
Orde de execución (exp. 1834-2025) Resolución de inicio O.E. do 9.9.2025 |
36043A030003300000JP 36043A030003300001KA (polígono 30, parcela 330) |
Caritel Ponte Caldelas |
María Cabo González |
|
Orde de execución (exp. 1172-2025) Resolución de inicio O.E. do 10.9.2025 |
36043A019001200000JW (polígono 19, parcela 120) |
A Reigosa-Tourón Ponte Caldelas |
Deolindo Vigo Piñón |
|
Orde de execución (exp. 1173-2025) Resolución de inicio O.E. do 10.9.2025 |
36043A019001220000JB (polígono 19, parcela 122) |
A Reigosa-Tourón Ponte Caldelas |
Carmen López Martínez |
En virtude do que antecede, comunícaselle que nas referidas parcelas se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispón dun prazo máximo de 15 días naturais para o cumprimento voluntario para xestionar a biomasa na parcela citada, que se iniciará o día seguinte ao da recepción desta notificación.
Publícase este anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG) para que sirva de notificación á persoa interesada, para cuxo fin se lle comunica que tanto a notificación como o expediente se atopa á súa disposición no Concello de Ponte Caldelas (avenida de Galicia, 17, 36820 Ponte Caldelas, Pontevedra). Igualmente poderá acceder a través da sede electrónica desta entidade.
Considerando que o artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece que cando non se poida determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resultase infrutuosa a notificación da comunicación efectuarase mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia dos datos catastrais da parcela.
Considerando que o artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, posibilita este concello para a execución subsidiaria en caso de incumprimento dos traballos de xestión da biomasa, e repercutirán os custos ás persoas responsables.
Considerando que o artigo 22.6 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece a obriga das persoas responsables de facilitar os necesarios accesos ás entidades responsables dos traballos de xestión da biomasa, que non requirirán de ningunha autorización para a execución subsidiaria de xestión da biomasa nas redes de faixas de xestión.
Ponte Caldelas, 10 de setembro de 2025
Andrés Díaz Sobral
Alcalde presidente
