DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 1 de outubro de 2025 Páx. 51832

III. Outras disposicións

Consello da Cultura Galega

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2025 pola que se anuncia a convocatoria de axudas de acción social para o persoal laboral desta entidade para o exercicio 2025.

A Comisión Executiva do Consello da Cultura Galega, na súa reunión do 2 de xullo de 2025, aprobou as bases reguladoras para a concesión das axudas ao seu persoal, encadradas dentro dos fondos de acción social para o exercicio 2025: axudas para a atención a persoas con discapacidade. Estas bases están expostas no taboleiro de anuncios e na intranet da institución e queda aberto o prazo de presentación de solicitudes a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia durante un mes.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2025

Rosario Álvarez Blanco
Presidenta do Consello da Cultura Galega