De conformidade coas propostas elevadas polas comisións nomeadas para xulgar os concursos de acceso convocados mediante a Resolución desta universidade do 29 de maio de 2025 (BOE do 12 de xuño), e presentada polas persoas propostas a documentación a que fai referencia a base 8ª da convocatoria.
Esta reitoría, no uso das atribucións conferidas polo artigo 50 da Lei orgánica 2/2023, do 2 de marzo, do sistema universitario (BOE do 23 de marzo) e demais disposicións concordantes, resolveu efectuar os nomeamentos que se relacionan no anexo.
Estes nomeamentos producirán plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polas persoas interesadas, que deberán efectuarse no prazo máximo de 20 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado. Se o último día do prazo é inhábil na Universidade de Vigo, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín oficial del Estado, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, poderase interpor recurso de reposición ante o reitor, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da devandita publicación, de acordo co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).
Vigo, 18 de setembro de 2025
Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo
ANEXO
|
Código: |
TU2405-C01-027-TU-TC-01 |
|
Corpo: |
Profesor/a titular de universidade |
|
Área de coñecemento: |
A0027 Anatomía e Embrioloxía Humana |
|
Departamento: |
D00C01 Bioloxía Funcional e Ciencias da Saúde |
|
Centro de traballo: |
205 Facultade de Fisioterapia |
|
DNI |
***9439** |
|
Nome e apelidos |
María Elena Padín Iruegas |
|
Código: |
TU2405-T15-570-TU-TC-01 |
|
Corpo: |
Profesor/a titular de universidade |
|
Área de coñecemento: |
A0570 Linguaxes e Sistemas Informáticos |
|
Departamento: |
D00T15 Informática |
|
Centro de traballo: |
106 Escola Superior de Enxeñaría Informática |
|
DNI |
***6449** |
|
Nome e apelidos |
Hugo López Fernández |
|
Código: |
TU2405-T15-570-TU-TC-02 |
|
Corpo: |
Profesor/a titular de universidade |
|
Área de coñecemento: |
A0570 Linguaxes e Sistemas Informáticos |
|
Departamento: |
D00T15 Informática |
|
Centro de traballo: |
106 Escola Superior de Enxeñaría Informática |
|
DNI |
***1407** |
|
Nome e apelidos |
David Alfonso Ruano Ordás |
|
Código: |
TU2405-T15-570-TU-TC-03 |
|
Corpo: |
Profesor/a titular de universidade |
|
Área de coñecemento: |
A0570 Linguaxes e Sistemas Informáticos |
|
Departamento: |
D00T15 Informática |
|
Centro de traballo: |
107 Escola Superior de Enxeñaría Informática |
|
DNI |
***5674** |
|
Nome e apelidos |
Adrián Seara Vieira |
|
Código: |
TU2405-T15-570-TU-TC-04 |
|
Corpo: |
Profesor/a titular de universidade |
|
Área de coñecemento: |
A0570 Linguaxes e Sistemas Informáticos |
|
Departamento: |
D00T15 Informática |
|
Centro de traballo: |
306 Facultade de Comercio |
|
DNI |
***8890** |
|
Nome e apelidos |
Jacinto González Dacosta |
|
Código: |
TU2405-X05-189-TU-TC-01 |
|
Corpo: |
Profesor/a titular de universidade |
|
Área de coñecemento: |
A0189 Didáctica da Expresión Musical |
|
Departamento: |
D00X05 Didácticas Especiais |
|
Centro de traballo: |
202 Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte |
|
DNI |
***0862** |
|
Nome e apelidos |
Sara Domínguez Lloria |
