De conformidade coas propostas elevadas polas comisións nomeadas para xulgar o concurso de acceso convocados mediante a Resolución desta universidade do 6 de maio de 2025 (DOG do 15 de maio) e presentada polas persoas propostas a documentación a que fai referencia a base 8ª da convocatoria.
Esta Reitoría, no uso das atribucións conferidas polo artigo 50 da Lei orgánica 2/2023, do 2 de marzo, del sistema universitario (BOE do 23 de marzo), e demais disposicións concordantes, resolveu efectuar os nomeamentos que se relacionan no anexo.
Estes nomeamentos producirán plenos efectos a partir da correspondente sinatura do contrato polas persoas interesadas, que deberá realizarse no prazo máximo de vinte (20) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo fose inhábil na Universidade de Vigo, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, poderase interpor recurso de reposición ante o reitor, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da devandita publicación, de acordo co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).
Vigo, 19 de setembro de 2025
Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo
ANEXO
|
Código: |
PPL2401-X01-680-PPL-TC-01 |
|
Corpo: |
Profesor/a permanente laboral |
|
Área de coñecemento: |
A0680 Personalidade, Eval. e Trat. Psicolóxicos |
|
Departamento: |
D00X01 Análise e Intervención Psicosocioeducativa |
|
Centro de traballo: |
105 Facultade de Educación e Traballo Social |
|
DNI |
***5310** |
|
Nome e apelidos |
Manuel Isorna Folgar |
|
Código: |
PPL2401-X11-775-PPL-TC-01 |
|
Corpo: |
Profesor/a permanente laboral |
|
Área de coñecemento: |
A0775 Socioloxía |
|
Departamento: |
D00X11 Socioloxía, Ciencia Política e da Administración e Filosofía |
|
Centro de traballo: |
207 Facultade de Dirección e Xestión Pública |
|
DNI |
***4330** |
|
Nome e apelidos |
Silvia Pérez Freire |
|
Código: |
PPL2401-X11-775-PPL-TC-02 |
|
Corpo: |
Profesor/a permanente laboral |
|
Área de coñecemento: |
A0775 Socioloxía |
|
Departamento: |
D00X11 Socioloxía, Ciencia Política e da Administración e Filosofía |
|
Centro de traballo: |
207 Facultade de Dirección e Xestión Pública |
|
DNI |
***1269** |
|
Nome e apelidos |
Sara María Torres Outón |
