Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo na Consellería de Economía e Industria, mediante a Orde de 6 de maio de 2025, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 97, do 22 de maio, de conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 27 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei,
DISPOÑO:
Único. Declarar deserta a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo que se indica no anexo I desta orde, de conformidade co establecido no punto sexto da convocatoria.
Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2025
María Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Economía e Industria
ANEXO I
Código: EC.302.00.000.15770.001.
Denominación do posto: secretario/a do/da director/a xeral.
Dependencia: Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial.
Localidade: Santiago de Compostela.
Corpo ou escala: xeral.
Grupo/subgrupo: C1/C2.
Nivel: 18.
Complemento específico: 7.714,00 €.
Tipo de adscrición: A11 (adscrición indistinta a persoal funcionario da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA.).
Formación específica: 640 (para persoal doutra administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I.).
