DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 2 de outubro de 2025 Páx. 52089

III. Outras disposicións

Xunta Electoral de Galicia

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2025 relativa á composición da Xunta Electoral de Galicia.

Mediante o Real decreto 605/2025, do 8 de xullo, foi nomeado presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia Ignacio Alfredo Picatoste Sueiras (BOE núm. 165, do 10 de xullo). En virtude do artigo 14.1.a) da Lei 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ao Parlamento de Galicia, o presidente da Xunta Electoral de Galicia é o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Por outra parte, o 25 de setembro de 2025 recibiuse un escrito do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no cal se comunica a elección do maxistrado Antonio Martínez Quintanar para formar parte da Xunta Electoral de Galicia.

Xa que logo, ao abeiro do artigo 18.6 da Lei orgánica 5/1985, do 19 de xuño,

RESOLVO:

Declarar, para público coñecemento, a composición actualizada da Xunta Electoral de Galicia:

Presidente: Ignacio Alfredo Picatoste Sueiras, presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 14.1.a) da Lei 8/1985, do 13 de agosto).

Vicepresidente: Fernando Seoane Pesqueira, maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 14.1.b).

Vogais: maxistrados do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (art. 14.1.c):

José Antonio Varela Agrelo.

Luis Fernando de Castro Mejuto.

Antonio Martínez Quintanar.

Vogais: profesores en activo das facultades de dereito de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo (artigo 14.1.d):

Xosé Manuel Carril Vázquez.

José Julio Fernández Rodríguez.

Gumersindo Guinarte Cabada.

Mónica Siota Álvarez.

Secretario: Xosé Antón Sarmiento Méndez, letrado oficial maior do Parlamento de Galicia (artigo 15.2).

O que se publica para xeral coñecemento.

A Coruña, 1 de outubro de 2025

Ignacio Alfredo Picatoste Sueiras
Presidente da Xunta Electoral de Galicia