A que subscribe, Susana Lago Varela con DNI ***2820**, veciña do lugar de Rial-Romai, nº 6, parroquia Romai, concello de Portas (Pontevedra), actuando como presidenta da Comunidade de Regantes Romai Vello, mediante este anuncio convoco á asemblea xeral a todos os usuarios de augas, que terá lugar o 20 de outubro, ás 20.00 horas en primeira convocatoria e ás 20.30 horas en segunda convocatoria, no local social sito no lugar Xagove-Vilavedra, nº 86, Romai, Portas (Pontevedra), coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se procede, das ordenanzas e regulamentos polos cales se rexerá a Comunidade.
2. Rogos e preguntas.
Romai-Portas, 11 de setembro de 2025
Susana Lago Varela
Presidenta da Comunidade de Regantes Romai Vello
