DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 2 de outubro de 2025 Páx. 52214

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Taboada

RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 2025 pola que, concluído o procedemento selectivo, noméase a Lorena García Osorio para cubrir a praza de técnico/a administrativo/a.

Mediante a Resolución da Alcaldía do 9 de setembro de 2025, unha vez concluído o procedemento selectivo, efectuouse o nomeamento de Lorena García Osorio, con DNI: ***4326**, como funcionaria de carreira do Concello de Taboada na praza pertencente ao grupo A2, C.D.: 20, C.E.: 7.735,33 euros, escala da Administración xeral. Subescala: xestión/administrativa. Denominación: técnico/a administrativo/a.

O que se fai público para xeral coñecemento e para os efectos do artigo 60 da Lei 2/2015, de 29 de abril, do emprego público de Galicia, e do artigo 25.2 do Regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción provisional dos funcionarios civís da Administración xeral do Estado, aprobado polo Real decreto 364/1995, do 10 de marzo.

Taboada, 9 de setembro de 2025

Roi Rigueira Agromartín
Alcalde