No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 169, do 5 de setembro de 2025, publicáronse as convocatorias e o texto íntegro das bases xerais e específicas que rexerán a convocatoria e o proceso selectivo para a cobertura das seguintes prazas, incluídas nas ofertas de emprego público dos anos 2022 e 2024:
– Dúas (2) prazas de persoal laboral fixo de limpador/a de edificios municipais, asimiladas á escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, grupo E, agrupacións profesionais, mediante o sistema de oposición, en quenda libre.
– Unha (1) praza de funcionario de carreira de administrativo/a, da escala da Administración xeral, subescala administrativo, grupo C, subgrupo C1, mediante o sistema de oposición, en quenda libre.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados a partir do día seguinte ao da data de publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE).
Os sucesivos anuncios referentes a estas convocatorias faranse públicos na forma prevista nas propias bases.
Mugardos, 9 de setembro de 2025
Juan Domingo de Deus Fonticoba
Alcalde
