A Xunta de Goberno local, na sesión ordinaria que tivo lugar o 18 de setembro de 2025, acordou aprobar o texto inicial do convenio urbanístico para a execución do planeamento entre o Concello de Narón e Cementos Tudela Veguín, S.A., para a materialización das obras de urbanización contidas no expediente EDI/2020/1660: proxecto de urbanización do polígono 1 da área de repartición do Plan de sectorización do ámbito I establecido na modificación puntual do PXOM do SRAU da contorna do polígono industrial Río do Pozo.
Polo tanto, sométese o texto do dito convenio ao trámite de información pública polo prazo dun mes mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais dos de maior difusión da provincia, coa finalidade de que as persoas que se consideren afectadas poidan examinar o documento e presentar as alegacións ou observacións que xulguen oportunas.
O documento estará á disposición das persoas interesadas no Servizo de Obras e Urbanismo do Concello de Narón (6º andar), das 9.00 ás 13.00 horas (de luns a venres), así como no seguinte enlace da sede electrónica municipal:
https://sedeelectronica.naron.es/opensiac/action/consultadocumentos?id=1589911&hash=847ddd16957796e0aecc0afc006cfa11a89ef9d7a35ab7a700051893a0b98292
Narón, 19 de setembro de 2025
Marián Ferreiro Díaz
Alcaldesa
