DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 2 de outubro de 2025 Páx. 52212

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO de nomeamento de persoal laboral fixo.

Unha vez finalizado o proceso selectivo referente á convocatoria para a cobertura dunha praza de profesor de música, especialidade saxofón, como persoal laboral fixo incluída na oferta de emprego público correspondente ao ano 2022 e publicada no BOP de Ourense núm. 81, do 30 de abril de 2025, extracto no DOG núm. 88, do 9 de maio de 2025, e no BOE núm. 122, do 21 de maio de 2025, mediante acordo da Xunta de Goberno Local do 25 de setembro de 2025 efectuouse o nomeamento como persoal laboral fixo de:

Posto

Denominación do posto

Nome, apelidos e DNI

05.00.00.06

Profesor de música, especialidade saxofón

Alberto Loureiro Casas ***7754**

O que se publica para os efectos da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e do Regulamento xeral de ingreso do persoal ó servizo da Administración xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración xeral do Estado aprobado polo Real decreto 364/1995, do 10 de marzo.

San Cibrao das Viñas, 26 de setembro de 2025

Marta Nóvoa Iglesias
Alcaldesa