O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia, dentro dos vinte primeiros días dos meses de xaneiro, maio e setembro de cada ano, unha relación dos convenios de colaboración subscritos referida ao cuadrimestre anterior.
En consecuencia, e para darlle cumprimento a esa obriga,
DISPOÑO:
Artigo 1
Publicar a relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) no segundo cuadrimestre do ano 2025, que se incorpora como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2025
Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo
ANEXO
Convenios de colaboración subscritos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo
no segundo cuadrimestre do ano 2025
|
Título do convenio |
Obxecto do convenio |
Importe achegado |
Data de sinatura |
|
Addenda para a modificación do Acordo da Comisión bilateral realizada o 26 de outubro de 2018, relativo á área de rexeneración e renovación urbana casco vello e barrio da Banda do río Lameira en Marín (Pontevedra). Comunidade Autónoma de Galicia. Plan estatal de vivenda 2018-2021. |
Modificar o número de vivendas obxecto de rehabilitación, así como a redistribución do custo e do financiamento inicialmente previstos, sen que supoña incremento ningún dos importes iniciais, na forma que se detalla a seguir: Núm. vivendas Acordo do 26 de outubro de 2018: 109 rehabilitación +12 redistribución= 121 núm. vivendas Acordo do 12 de maio de 2025. |
Sen achega |
13.5.2025 |
|
Addenda II ao Acordo núm. 33 da Comisión bilateral realizada o 11 de maio de 2023, relativo aos contornos residenciais de rehabilitación programada delimitados no concello de Vigo, en relación coa execución dos programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextgenerationEU na Comunidade Autónoma de Galicia. Contornos obxecto deste acordo: San Roque, Casco Vello de Vigo, Bouzas, Coia, Casas de Santa Clara, Beiramar, Espiñeiro-Teis, San Pablo, Grupo Fenosa, A Salgueira, Gorxal e Descontinua de Alcalde Lavadores-Canicouva-Escolas públicas. |
Rehabilitar edificios de vivendas dos ditos ERRP delimitados de Vigo, de acordo cos requisitos exixidos no Real decreto 853/2021, do 5 de outubro. |
Sen achega |
21.5.2025 |
|
Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello das Pontes de García Rodríguez para a aplicación do Programa de oferta de solo de titularidade das entidades locais para a construción de vivenda protexida. |
Establecer os termos e as condicións da colaboración entre o IGVS e o Concello das Pontes de García Rodríguez para o desenvolvemento do Programa de oferta de solo de titularidade das entidades locais para a construción de vivenda protexida. |
Sen achega |
27.5.2025 |
|
Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello de Lugo para incrementar o parque de vivenda protexida no concello. |
Regular os compromisos asumidos polas partes co fin de facer efectiva a vontade do IGVS de incrementar o parque de vivenda protexida na cidade de Lugo, conforme os criterios marcados polo Concello para a súa situación. |
58.683,12 € |
28.5.2025 |
|
Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello de Mondoñedo (Lugo) para a xestión dun centro de rexeneración urbana de interese autonómico. |
Precisar os obxectivos, o financiamento e o funcionamento do centro Rexurbe de Mondoñedo, así como os mecanismos de actuación conxunta e coordinada para facilitar o cumprimento e a execución das diferentes actuacións, dos plans e dos programas en materia de rehabilitación edificatoria e de rexeneración e renovación urbanas. |
2025: 43.817,83 € 2026: 87.635,65 € 2027: 43.817,82 € |
30.6.2025 |
|
Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello de Cerdedo-Cotobade para o acceso ao Fondo de cooperación cos concellos para o apoio ao financiamento da promoción de vivenda protexida de nova construción. |
Definir os termos da colaboración e os compromisos mutuos das partes asinantes, de cara ao financiamento con cargo ao Fondo de cooperación cos concellos para o apoio ao financiamento da promoción de vivenda protexida de nova construción (no sucesivo, Fondo de cooperación) da seguinte actuación: adquisición de parcelas para a construción de vivendas de promoción pública. |
2026: 10.898,91 € 2027: 10.898,91 € 2028: 10.898,91 € 2029: 10.898,91 € 2030: 10.898,91 € 2031: 10.898,91 € 2032: 10.898,91 € 2033: 10.898,89 € |
4.7.2025 |
|
Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello da Arnoia para a aplicación do Programa de oferta de solo de titularidade das entidades locais para a construción da vivenda protexida. |
Establecer os termos e as condicións da colaboración entre o IGVS e o Concello da Arnoia para o desenvolvemento do Programa de oferta de solo de titularidade das entidades locais para a construción de vivenda protexida. |
Sen achega |
31.7.2025 |
|
Acordo da Comisión bilateral de seguimento relativo á ampliación do prazo para a execución de determinadas actuacións do Programa de fomento da rexeneración e renovación urbanas do Plan estatal de vivenda 2018-2021 na Comunidade Autónoma de Galicia. |
Ampliar ata o 31 de decembro de 2026 o prazo de execución das actuacións do Programa de fomento da rexeneración e renovación urbanas do Plan estatal de vivenda 2018-2021 na Comunidade Autónoma de Galicia, en aplicación do establecido na disposición adicional terceira do Real decreto 42/2022. |
Sen achega |
31.7.2025 |
|
Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello da Baña para o acceso ao Fondo de cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes. |
Definir os termos de colaboración e os compromisos mutuos das partes asinantes, de cara ao financiamento con cargo ao Fondo de cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes (no sucesivo, Fondo de cooperación) da seguinte actuación: proxecto de mellora da capa de rodaxe Liñares a Carballeira e outros. |
2026: 47.827,34 € 2027: 47.827,32 € 2028: 47.827,32 € 2029: 47.827,32 € 2030: 47.827,32 € 2031: 47.827,32 € 2032: 47.827,32 € 2033: 47.827,32 € |
4.8.2025 |
|
Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello de Mos para o acceso ao Fondo de cooperación cos concellos para o apoio ao financiamento da promoción de vivenda protexida de nova construción. |
Definir os termos da colaboración e os compromisos mutuos das partes asinantes, de cara ao financiamento con cargo ao Fondo de cooperación cos concellos para o apoio ao financiamento da promoción de vivenda protexida de nova construción (no sucesivo, Fondo de cooperación) da seguinte actuación: adquisición do terreo na urbanización San Eleuterio para a promoción de vivenda protexida. |
2026: 157.185,75 € 2027: 157.185,75 € 2028: 157.185,75 € 2029: 157.185,75 € 2030: 157.185,75 € 2031: 157.185,75 € 2032: 157.185,75 € 2033: 157.185,75 € |
13.8.2025 |
|
Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello de Arteixo para o acceso ao Fondo de cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes. |
Definir os termos de colaboración e os compromisos mutuos das partes asinantes, de cara ao financiamento con cargo ao Fondo de cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes (no sucesivo, Fondo de cooperación) da seguinte actuación: proxecto de execución da fase 1 da travesía de Arteixo. |
2026: 115.625,00 € 2027: 115.625,00 € 2028: 115.625,00 € 2029: 115.625,00 € 2030: 115.625,00 € 2031: 115.625,00 € 2032: 115.625,00 € 2033: 115.625,00 € |
27.8.2025 |
