BDNS (Identif.): 859912.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/859912
Primeiro. Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das axudas por paralización temporal da actividade marisqueira desde a embarcación nos bancos de moluscos bivalvos en zonas de autorización da Confraría de Pescadores de Pontedeume, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases reguladoras, as persoas que teñan a condición de persoas armadoras e persoas tripulantes dunha embarcación afectada pola paralización temporal da dita actividade marisqueira.
Segundo. Finalidade
Esta orde ten por finalidade compensar os efectos do período de veda espazo-temporal establecida como medida técnica de conservación nos plans de xestión de moluscos bivalvos desde a embarcación en zonas en autorización da Confraría de Pescadores de Pontedeume.
Terceiro. Bases reguladoras
Orde do 22 de setembro de 2025 pola que se regulan as bases e a convocatoria para o ano 2025 das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, ás persoas armadoras e, non competitiva, ás persoas tripulantes, pola paralización temporal da actividade marisqueira desde a embarcación nos bancos de moluscos bivalvos en zonas de autorización da Confraría de Pescadores de Pontedeume (cofinanciadas ao 70 % polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura) (códigos de procedemento PE406A e PE406B).
Cuarto. Importe
Para o ano 2025, as axudas concederanse con cargo á seguinte aplicación orzamentaria, que figura dotada no orzamento de gastos da Consellería do Mar para o ano 2025, e o importe total máximo das subvencións que se concedan no dito exercicio orzamentario é o seguinte:
– Aplicación orzamentaria: 16.02.723A.770.0.
– Código de proxecto 2024.00143, para a paralización temporal da actividade pesqueira.
– Importe total: 77.056 €, segundo as seguintes contías por liña de axuda:
PE406A, axudas pola paralización temporal da actividade marisqueira das embarcacións afectadas-persoas armadoras: 51.456 €.
PE406B, axudas pola paralización temporal da actividade marisqueira das embarcacións afectadas-persoas tripulantes: 25.600 €.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes de axuda será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da súa publicación. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último do mes.
Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2025
Marta Barreiro Castro
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar
