DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 3 de outubro de 2025 Páx. 52371

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 19 de setembro de 2025, da Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se notifica ás persoas relacionadas a facturación ao seu nome de servizos sanitarios prestados nesta área sanitaria no caso de non achegar os datos necesarios para facturar ao terceiro obrigado ao pagamento.

Pola presente cédula, e debido a que os abaixo relacionados non se atoparon nos domicilios que figuran nos rexistros desta área sanitaria, ou que se alegaron distintas causas para non recibir as notificacións polas persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícaselles ás persoas incluídas na relación que se insire que:

Segundo o recollido no anexo IX do Real decreto 1030/2006, do 15 de setembro, polo que se establece a carteira de servizos do Sistema nacional de saúde e o procedemento para a súa actualización, así como no artigo 83 da Lei xeral de sanidade, e na disposición adicional 10 do texto refundido da Lei xeral de seguridade social, aprobado polo Real decreto lexislativo 8/2015, do 30 de outubro, de non achegar no prazo de 10 días os datos e documentación necesaria para poder facturar ao terceiro obrigado ao pagamento a asistencia sanitaria que lle foi prestada neste centro sanitario, os gastos asistenciais serán pola súa conta, tal e como se recolle no artigo 1 do Decreto 56/2014, do 30 de abril (DOG núm. 96, do 21 de maio) polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde, polo que se emitirá factura de gastos sanitarios ao seu nome.

Para todo tipo de consulta ou aclaración sobre a documentación para achegar deberán poñerse en contacto co Servizo de Facturación deste centro sanitario, teléfono 988 36 91 11.

Para que conste, sirva de notificación ás persoas interesadas e en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido, asino e selo esta cédula, quedando supeditada a eficacia desta notificación á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Ourense, 19 de setembro de 2025

José Santiago Camba Bouzas
Xerente da Área Sanitaria de Ourense, Verín
e O Barco de Valdeorras

ANEXO

Expediente

DNI/NIE

202305794

34980962D

202306999

Y3986835Y

202403460

Z3392882L

202404233

54673131S

202406268

Z1163188Z

202408177

34608010W

202500033

44476889H

202500257

34607142P

202500597

44489348B

202501437

Z3392882L

202501924

54134378Z

202501992

34980962D

202502128

34995727P

202502622

Y4394538B

202502749

49713429X

202502818

34983319C

202503897

Z2847318S

202503899

Z2847318S

202504341

34697797C

202504391

X4321702W