DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 3 de outubro de 2025 Páx. 52373

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Begonte

EDICTO de notificación de execución subsidiaria de xestión da biomasa e retirada de especies árboreas (expediente 636/2025).

Iniciado o correspondente expediente de execución subsidiaria de xestión da biomasa e/ou de retirada de especies árboreas na parcela 25 do polígono 179, segundo consta no Catastro deste municipio, por incumprimento das obrigas establecidas na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Considerando que con data do 22.7.2025 se lles notificou aos titulares catastrais da dita parcela a obriga de realizar os traballos de limpeza e roza, todo iso de conformidade co disposto no artigo 22.1 da dita Lei 3/2007, do 9 de abril.

Considerando que, malia o prazo transcorrido, actualmente seguen a incumprirse esas obrigas legais de xestión da biomasa e/ou de retirada de especies árboreas.

Considerando que o artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, posibilita este concello para a execución subsidiaria en caso de incumprimento dos traballos de xestión da biomasa e cuxos custos repercutirán ás persoas responsables.

Considerando que o artigo 22.6 da Lei 3/2007, do 9 abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece a obriga das persoas responsables de facilitarlles os necesarios accesos ás entidades responsables dos traballos de xestión da biomasa, que non requirirán de ningunha autorización para a execución subsidiaria da xestión da biomasa nas redes de faixas de xestión.

Por este anuncio, de conformidade co establecido no artigo 21 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e no artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, en uso das facultades conferidas pola normativa vixente,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a execución subsidiaria, por parte do Concello de Begonte, de xestión da biomasa e/ou retirada de especies árboreas da parcela 25 do polígono 179, segundo consta no Catastro deste municipio, cuxo titular catastral é Manuel Vizcaíno Silvarrey, por incumprimento das obrigas previstas na Lei 3/2007, de 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Segundo. Encomendarlle os traballos de execución subsidiaria –dada a carencia de medios municipais propios– á empresa Servicios Forestales Begal, con CIF B56694342, á cal as persoas responsables lle deberán facilitar os necesarios accesos e sen que se requira ningunha autorización ao respecto.

Terceiro. As especies árboreas retiradas serán obxecto do seu comiso e o seu destino será o seu alleamento nos termos previstos na dita Lei 3/2007. Os importes obtidos pola venda destinaranse a sufragar os gastos derivados desta execución subsidiaria.

Cuarto. Efectuar a oportuna liquidación dos custos dos traballos de execución subsidiaria e do valor das especies árboreas retiradas.

Quinto. Notificarlles resolución ás persoas interesadas, coa indicación dos recursos que legalmente procedan.

Recursos:

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, pode interpoñerse alternativamente o recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da recepción desta notificación, ante o mesmo órgano que adoptou o acordo, ou directamente o recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da recepción desta notificación, sen que se poidan simultanear ambos os dous.

De se interpoñer o recurso potestativo de reposición, non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata a súa resolución expresa ou ata a súa desestimación por silencio, de conformidade co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Begonte, 12 de setembro de 2025

José Ulla Rocha
Alcalde presidente