DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 3 de outubro de 2025 Páx. 52375

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de ratificación do convenio urbanístico mixto de planeamento e execución para o desenvolvemento da área de planeamento incorporado API Q28 Parque de Oza (expediente 631/2024/202).

O Pleno do Concello, na sesión que tivo lugar o 5.6.2025, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar o informe municipal do 16.4.2025 (CSV 5H2M5M3C5H6F5I2G00ZN), de contestación ás alegacións presentadas ao texto do convenio durante o período de información pública e dar contestación destas ás persoas e entidades interesadas.

Segundo. Ratificar o texto definitivo do convenio urbanístico mixto de planeamento e execución para o desenvolvemento da área de planeamento incorporado API Q28 Parque de Oza, (CSV 335C49514Y2G3S0U0SGU), autorizando a súa sinatura ao concelleiro delegado responsable da Área de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda.

Terceiro. Notificar o presente acordo á Xunta de Compensación da área de planeamento incorporado API Q28 Parque de Oza, ás demais persoas interesadas no procedemento e aos servizos municipais afectados.

Cuarto. Emprazar a representante da Xunta de Compensación do APE H9.01 Parque de Oza, no prazo legalmente establecido segundo o disposto no artigo 168 da Lei 2/2016, para proceder á súa sinatura.

Quinto. Publicar o texto definitivo do convenio no Diario Oficial de Galicia, nos termos establecidos no artigo 403 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia».

Contra este acordo pódese interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 84.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e artigo 201.1 do seu regulamento), no prazo máximo de dous meses que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de interpoñer calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme a dereito.

O texto íntegro do convenio asinado o 13.6.2025 pode consultarse na seguinte ligazón:

https://www.coruna.gal/urbanismo/es/informacion-e-normativa/convenios-urbanisticos

A Coruña, 5 de setembro de 2025

A alcaldesa
P.D. (Decreto 3531/2024, do 19 de xuño; BOP núm. 123, do 27 de xuño)
Francisco Dinís Díaz Gallego
Concelleiro delegado responsable da Área de Urbanismo,
Rehabilitación e Vivenda