DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 3 de outubro de 2025 Páx. 52310

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2025 pola que se modifica a Resolución do 29 de setembro de 2025 (Diario Oficial de Galicia número 189, do 1 de outubro), pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso nas escalas de ciencias, enxeñeiros, enxeñeiros técnicos, arquitectos e arquitectos técnicos.

Dado que se trata dun único acto de elección, cunha única relación de postos e unha soa adxudicación e, tendo en conta que coexisten varios procesos selectivos correspondentes a varias ofertas de emprego publico, así como os procesos selectivos extraordinarios de estabilización da Lei 20/2021 convocados polo sistema de concurso e polo sistema de concurso oposición, e de cara a garantir a asignación dunha praza a todos as persoas aspirantes,

DISPÓN:

Primeiro. Para os procesos selectivos non afectados pola Lei 20/2021 e no suposto de que unha persoa aspirante figure incluída nos anexos I en diferentes corpos, escalas ou especialidades, deberá optar por unha delas no acto de elección de destino e solicitar nas outras a excedencia por prestación de servizos no sector público no mesmo prazo previsto na disposición terceira, sempre que se cumpran os requisitos exixidos no artigo 174 da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia. No caso de que non se observe o disposto anteriormente e elixan posto en máis dun corpo, escala ou especialidade, adxudicaráselles o posto correspondente á convocatoria máis antiga segundo os criterios establecidos na Resolución do 29 de setembro de 2025 e, de existir coincidencia, o posto en que teña a mellor posición na orde do proceso selectivo.

Para os procesos de estabilización derivados da Lei 20/2021 terase en conta o establecido no artigo 5.2ª da Resolución do 29 de setembro de 2025.

Segundo. Engadir prazas ao anexo II da Resolución do 29 de setembro da especialidade de enxeñaría industrial (subgrupo A1).

Terceiro. Substitúese a praza número 31 do anexo II da Resolución do 29 de setembro da especialidade de bioloxía (subgrupo A1).

Cuarto. Advírtese un erro no código da praza número 114 do anexo II da Resolución do 29 de setembro das especialidades de enxeñaría agronómica (subgrupo A1) e de enxeñaría técnico agrícola (subgrupo A2) e cámbiase polo código MRC070000115770008.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2025

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

ANEXO II (engadido)

Prazas ofertadas

Especialidades de enxeñaría industrial (subgrupo A1) e de enxeñaría técnica industrial (subgrupo A2)

Código

Nome

Cons.

Centro de destino

Centro directivo

Concello

Adscr.

Nivel

Formación

53

MAC040000015770044

Xefatura da Área de Intervención Ambiental III

MA

D. X. de Calidade Ambiental e Sostibilidade

Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade

Santiago de Compostela

A1

26

787-954

54

MAC040000015770015

Posto base subgrupo A1

MA

D. X. de Calidade Ambiental e Sostibilidade

Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade

Santiago de Compostela

A1

20

Formacións específicas

Código

Descrición

787

Experiencia en inspección ambiental (mérito)

954

Permiso de conducir B (R.I.).

ANEXO II (engadido)

Prazas ofertadas

Especialidade de bioloxía (subgrupo A1)

Código

Nome

Cons.

Centro destino

Centro directivo

Concello

Adscr.

Nivel

31

MAC991000015001024

Posto base subgrupo A1

MA

Departamento Territorial da Coruña

Servizos periféricos

A Coruña

A1

20