DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 3 de outubro de 2025 Páx. 52338

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Substitución apoio A1SVIRS2//T16-23 da LMTA ATI727, LMTA e nova LMTS ATI727, no concello do Porriño, do que resulta como beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2024/162-4).

A instalación denominada Substitución apoio A1SVIRS2//T16-23 da LMTA ATI727, LMTA e nova LMTS ATI727 foi declarada de utilidade pública mediante a Resolución do 21 de agosto de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, tendo a condición de beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, comunícase que o 16 de outubro de 2025, a partir das 12.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do Concello do Porriño.

A persoa interesada recibirá unha notificación individual coa debida antelación legal, en que se lle comunicará a data e a hora na cal deberá presentarse no seu predio, informándoo de que poderá ir acompañada por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o considera conveniente.

Cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, dirixiranse ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destas, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa. Neste caso, igualmente, de acordo co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publicarase un anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 12 de setembro de 2025

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Referencia catastral

Lugar

Titular

Nº apoio

m² solo

ml aérea

ml sub.

m² aérea

m² sub.

1

36039A036003300000DI

Pereiras

Descoñecido/a

1

1,69

2,73

8,20

2

36039A036003020000DZ

Novas

Juan Carlos González Rodríguez

2

1,96

14,64

 35,55

3

36039A036003030000DU

Novas

Descoñecido/a

38,30

184,41

4

36039A036003040000DH

Novas

Hrdos. de José Luis Alonso Serodio

52,61

269,08

5

36039A036003050000DW

Novas

Descoñecido/a

 17,03