DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 3 de outubro de 2025 Páx. 52334

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Val do Dubra (expediente IN407A 2025/063-1).

Expediente: IN407A 2025/063-1.

Promotora: Central Eléctrica Industrial, S.L.

Denominación do proxecto: LMTS e relocalización CTI Xermán.

Concello: Val do Dubra.

Feitos:

1. O día 16.4.2025, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica mencionada. Co obxecto de mellorar a capacidade da rede e a xestión e manobra da rede de media tensión no lugar de Xermán, concello de Val do Dubra, proxéctase unha nova saída en media tensión soterrada desde o centro de seccionamento CS O Corgo (IN407A 2022/118-1) existente e o traslado do centro de transformación de intemperie CT Xermán (EIA015, IN407A 2016/1171-1) de 100 kVA de potencia a un novo apoio. A nova liña soterrada unirá o centro de seccionamento e o centro de transformación.

Ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, achegan memoria, planos e orzamento co proxecto de execución denominado LMTS e relocalización CTI Xermán asinado o día 8.4.2025 por Xosé López Seoane, enxeñeiro industrial, con número de colexiado 2.745 de Galicia con número de visado 20250918 do 14.4.2025.

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

3. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: concello de Val do Dubra, AXI e Augas de Galicia.

A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes emitidos no prazo outorgado para ese efecto polo concello de Val do Dubra e AXI.

No día desta resolución, non consta no expediente resposta de Augas de Galicia á solicitude de informe.

4. O día 5.9.2025 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).

Segunda. Lexislación de aplicación

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

Terceira. Características técnicas

As instalacións obxecto deste expediente están situadas no lugar de Xermán, concello de Val do Dubra, e as súas características técnicas son as seguintes:

– LMTS (actuación 1) a 20 kV, recolocación de 268 m, condutor tipo RHV 12/20 kV 3×(1×95) mm² Al. Esta LMTS DER A Fernande (reserva) (IN407A 2016/1162-1) existente que ten a saída no CST Fondón 250 kVA (IN407A 2016/1174-1) retírase e pasa a conectarse a unha cela de reserva no CS O Corgo (IN407A 2022/118-1), rematando na arqueta nº A4-A5.

– LMTS (actuación 2) a 20 kV, de 591 m (479 m de canalización proxectada), condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×95) mm² A, con orixe na nº A4-A5 e remate no PA/S proxectado no apoio nº A9-CT tipo HVH-1000/11 proxectado.

– Desmantelamento tramo LMTA a 20 kV, de 506 m, condutor LA-30, con orixe no apoio nº 2-3 tipo C-4500/14 existente e remate no apoio nº 5-6 que se vai retirar.

– Instalación do CTI Xermán (EIA015, IN407A 2016/1171-1) de 100 kVA, instalado actualmente no apoio nº 5-6 tipo HV-1000/R11 que se vai retirar, no apoio nº A9-CT proxectado.

Cuarta. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.

De acordo con todo o exposto,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción para a dita instalación de distribución eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo de dous anos, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. En todo caso, deberán respectarse os prazos establecidos no artigo 13.9 do Regulamento (UE) 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello do 7 de febreiro de 2024, sobre os gases fluorados de efecto invernadoiro, polo que se modifica a Directiva (UE) 2019/1937, e se derroga o Regulamento (UE) nº 517/2014 (DOUE nº 573, do 20 de febreiro de 2024), sobre prohibicións para a posta en funcionamento de aparellaxe eléctrica que empregue gases fluorados de efecto invernadoiro, ou cuxo funcionamento dependa deles, nun medio illante ou de rotura.

3. Para a posta en explotación da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia á persoa interesada, segundo o establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.

A Coruña, 9 de setembro de 2025

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña